xoves, 28 de decembro de 2023
sábado, 2 de decembro de 2023
Moito cómic
Este ano, as bibliotecas escolares traballaremos especialmente a banda deseñada. Neste vídeo presentámosvos as primeiras adquisicións deste curso.
mércores, 29 de novembro de 2023
25 N de cine. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
A data do 25 de Novembro homenaxea as irmás Mirabal, asasinadas polo réxime ditatorial de Trujillo na República Dominicana tal día de 1960.
A educación é unha arma fundamental para combater a violencia contra as mulleres e a sétima arte, unha boa forma de visibilizar e concienciar sobre este problema social. Por iso, na biblioteca "Ramón Caride" proxectamos o filme "No estás sola, Sara" para o alumnado de 3º e 4º ESO, unha película accesíbel e axeitada para o público adolescente.
Ademais, no cole creamos unhas chapas alusivas á data que todxs lucimos con garbo e que podedes ver no corpo de...
O noso novo Foguetiño de trapo, creado pola profe Conchi Casas. Grazas!
venres, 10 de novembro de 2023
Benestar animal
A semana pasada visitounos Conchi Cibeira para falarlles aos pequerrechos e pequerrechas sobre como alimentar e coidar os aimais domésticos. Acompañábana o coello Arturo, as pitiñas Violeta e Marga e o poliño Xeito.
Que lindiños!
martes, 31 de outubro de 2023
Do libro á pantalla
O alumnado de EI do noso cole asisitiu no día de onte, durante a hora de ler, á proxección da película "¡Cómo mola tu escoba!", baseada no libro homónimo.
Moi ben o pasaron!
luns, 30 de outubro de 2023
Día das Bibliotecas
O 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Aproveitando o lema deste ano das bibliotecas escolares de Galicia, engalanamos os expositores móbiles con exemplares de banda deseñada e novela gráfica.
Ademais, agasallamos todo o alumnado que acudiu á "Ramón Caride" durante a semana cos marcapáxinas debuxados por Naiara e Ana na clase de Expresión Artística en homenaxe ao recordado Ibáñez.
Naiara imaxinou unha escena ao xeito das chambonadas de Pepe Gotera e Otilio; Ana debuxou un Mortadelo pensativo xunta un libro. Moitas grazas, rapazas!
luns, 23 de outubro de 2023
Obradoiro de lectura 2
Como xa vos anunciamos, hoxe comezou o Obradoiro de Lectura dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, impartido pola profe Mercedes; e que terá lugar cada penúltimo e último luns de mes. A participación foi alta e parece que se agarda con ilusión o próximo encontro, co compromiso de traeren pensadas unhas lindas rimas poéticas.
A "Ramón Caride" ferve
O pasado 19 de outubro a nosa biblioteca foi un fervedoiro de actividade.
Alén do cheo habitual durante os recreos, contamos cun laboratorio radiofónico arredor da figura de Vicente Risco, promovido pola súa Fundación e organizado polo EDLG do Cole, en colaboración coa nosa Radio na Biblio e no que participou o alumnado de 4º ESO dende as 9.30 da mañá até preto das 13 horas. Sergio Pascual (Laboratorio de Radio) encargouse de formar, organizar e dirixir o traballo creativo da rapazada. En breve poderedes escoitar os pódcasts resultantes do seu esforzo colectivo.
Durante o primeiro recreo, na sala B da biblioteca deu comezo o obradoiro de lectura dirixido ao alumnado de 1º, 2º e 3º EP, impartido pola profe Carmen. A cativada acolleu con entusiasmo esta sesión e xa está desexando volver gozar dela.
O luns iniciarase o obradoiro de lectura para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP; baixo a batuta da profe Mercedes. Iremos contando...
martes, 17 de outubro de 2023
Radio arredor de Risco
O EDLG e a biblioteca "Ramón Caride" organizan un obradoiro de radio, impartido por Sergio Pascual, arredor da figura de Vicente Risco e alentados pola Fundación que leva o seu nome.
martes, 10 de outubro de 2023
Obradoiro de lectura
Como ben sabedes, este curso a biblioteca do cole abriu as súas portas o día de inicio das clases. Agora traémosvos unha novidade para animar o alumnado de EP na marabillosa, impresionante, magnífica, emocionante... aventura da lectura.
Os obradoiros estarán dinamizados polas mestras Carmen e Mercedes... e haberá sorpresiñas para as persoas participantes.
Graciñas, profes!
luns, 3 de xullo de 2023
Pódcasts do Samaín 2022
domingo, 18 de xuño de 2023
Contamos o noso mundo
O pasado luns, 12 de xuño, contamos coa presenza das narradoras orais Alba de Vales e Raquel Queizás na biblioteca, quen traballaron co alumnado de 1º e 2º de ESO nun laboratorio de lingua.
Enmarcado no seu proxecto global "Cóntame un mundo", a actividade percorre un feixe de concellos galegos para recoller e valorizar a tradición oral como fonte de coñecemento e de comunicación interxeracional.
Tras as achegas traídas polo alumnado das súas casas e aldeas, os equipos elaboraron guións para uns vídeos que logo gravaron no recinto escolar cos móbiles e que editaron posteriormente.
Velaquí as primeiras mostras das pezas creadas pola rapazada, á espera de que nos cheguen todos os traballos.
mércores, 17 de maio de 2023
17 de Maio. Día das Letras Galegas
Aquí van algúns dos traballos relacionados coas letras galegas realizados polo noso alumnado:
Coplas a Fernández del Riego, elaboradas na clase de galego polo alumnado de 1º ESO, logo de asistir ao obradoiro de regueifa de Alba María.
Tamén temos o podcast creado polo alumnado de 4º ESO sobre a figura homenaxeada este ano:
O mesmo alumnado tamén creou dous videopoemas inspirados na obra de Manuel María: A nenez perde a fala e Os cruceiros.
Mascota bautizada!
A nosa mascota xa ten nome:
Foguetiño
Como sabedes, cada curso elixiu un nome para ela, por votación. As opcións resultantes foron:
Entre esa listaxe, o equipo da biblioteca escolleu, por avultada maioría, o nome de Foguetiño.
martes, 25 de abril de 2023
O gran troco
Como sabedes, durante este mes a comunidade educativa foi traendo libros que tiña na casa para trocalos por vales que se intercambiarían logo por outros volumes. A iniciativa foi un éxito e contou coa participación de boa parte do alumnado e do profesorado, pero desde a biblioteca queremos destacar especialmente as achegas das nosas compañeiras da limpeza: Yolanda, Montse e Rosa Mary. E, xa de paso, aproveitamos tal escusa para lles agradecer o seu traballo diario, sen o cal o dos demais sería imposíbel ou moi penoso.
martes, 18 de abril de 2023
Os cruceiros, contados por Arturo
Arturo, amante do noso patrimonio e coñecedor dos cruceiros, veu ao noso cole para compartir connosco os seus saberes. Trátase dunha actividade relacionada co proxecto de EI "PaseArte pola contorna".
Mascota gañadora
O deseño gañador do concurso de mascotas da biblioteca foi creado por Thiago González Viéitez, de 6º de EI. Non digades que non é ben riquiño...
E agora temos que buscarlle un nome de xeito. En cada clase, as titoras e titores organizarán a proposta individual e anónima de nomes, que serán votados posteriormente polo grupo; de forma que de cada aula nos chegará un nome á biblioteca. Entre eses nomes, elixirase o defintivo.
martes, 11 de abril de 2023
Troco de libros
Seguro que na casa tes algún libro xeitoso que xa non pensas volver ler. Esta é a ocasión de trocalo por outro do teu agrado. Alumnxs, profes; animádevos!
martes, 28 de marzo de 2023
Novidades de marzo
Un libriño para botarlle un ollo aos fondos adquiridos de xaneiro a marzo na "Ramón Caride".
mércores, 22 de marzo de 2023
21 de Marzo. Día Mundial da Poesía
O alumnado do Cole de Cea creou poemas de seu: unhas veces tomando como molde as estruturas de textos coñecidos (unha forma doada de comezar os pereiriños no mundo lírico) e outras partindo de cero.
As súas obras fican expostas no corredor próximo á biblioteca. Para apreciardes mellor algunhas das pezas, tendes máis abaixo varias imaxes (non de todos os traballos, porque a participación foi moita).
Laboratorio de Radio "Ramón Caride"
Antonte, 20 de marzo, contamos coa formación para a radio impartida por Sergio Pascual.
Logo dunhas dinámicas de grupo para romper o xeo e mais para aprender a importancia da respiración diafragmática, da escoita activa e do silencio, da sincronización e do traballo en equipo, imprescindíbeis na radio; o alumnado conseguiu elaborar un podcast con música, entrevistas (á profe Mercedes e o profe Pablo) e mesmo pequenas historias inventadas sobre eles.
sábado, 18 de marzo de 2023
Formación de radio
O próximo luns, o alumnado inscrito participará na xornada de formación de radio na sala B da biblioteca, polo que as actividades rutineiras dos luns nesas horas, realizaranse na sala A.
mércores, 15 de marzo de 2023
8M e Semana da Prensa
Na Semana da Prensa e no 8M realizamos diversas actividades que a seguir expoñemos.
Parte do alumnado asistiu na biblioteca á proxeción do filme "Os fenómenos", peza que combina humor e drama para afondar no problema da desigualdade de xénero, ao tempo que visibiliza moitos outros conflitos: a burbulla inmobiliaria, a especulación urbanística, a precariedade laboral, a economía somerxida, a xubilación forzada, a paternidade irresponsábel, a familia, o amor tóxico etc.
E seguindo coa Semana da Prensa e en colaboración co EDLG, na biblioteca expuxemos unha pequena mostra da revista "Bisbarra", con exemplares cedidos polo veciño e erudito interesado no noso, Evaristo Rodríguez.
luns, 27 de febreiro de 2023
Días de Rosalía
Como a nosa Rosalía merece máis dun día, no Cole de Cea levamos traballando con ela todo o mes: creando chapas, facendo pasatempos, pintando pétalos cos seus versos para compor un gran cartel, traballando nun crebacabezas colaborativo, escoitando os seus poemas durante o timbre musical... E como colofón, asisitindo a un concerto de Sergio Tannus e Marta Bravo organizado polo EDL. E esta tarde, na hora de ler, recitaremos algúns dos seus textos.
venres, 10 de febreiro de 2023
xoves, 9 de febreiro de 2023
Conto Contigo, Alfredo Carral
As familias son unha boa fonte de información para o noso alumnado, que acolle con interese e diversión as súas exposicións. Neste caso, o avó de Amaya e Jorge veu visitarnos o 3 de febreiro para compartir coa cativada o seu coñecemento sobre un elemento do noso acervo cultural: os cabaceiros.
Grazas, Alfredo!
venres, 3 de febreiro de 2023
#Candeloria
Pola Candeloria, o alumnado do Cole de Cea creou unha paxarada chea de refráns e versos de amor...
martes, 31 de xaneiro de 2023
martes, 17 de xaneiro de 2023
Fórmate no uso da plataforma Elbe-2
sábado, 10 de decembro de 2022
mércores, 7 de decembro de 2022
Tarxetas de Nadal
Se estás en Educación Primaria, escolle a túa tarxeta da biblioteca e engádelle un texto de bos desexos dunhas 20 palabras inspirado na ilustración. Tes variedade de modelos para escolleres.
sábado, 26 de novembro de 2022
luns, 21 de novembro de 2022
Escribir o medo
Sen tempo non foi, pero aquí tendes as creacións gañadoras dos concursos de Samaín organizados polo EDL en colaboración coa biblioteca.
EI: debuxo
EP: banda deseñadaÚltimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!
O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...
-
Outubro chegou e trae consigo libros, cabazas e moita diversión! 🎃 No cole de Cea imos celebrar a Exposición de Cabazas Lectoras, onde os v...
-
No 25N non celebramos nada. É un día para lembrar que aínda queda moito por facer na loita contra a violencia de xénero . Na nosa bibliote...


.png)





%20(3).png)








.png)











%20(297%20%C3%97%20420mm)%20(1).png)










,%20que%20na%20s%C3%BAa%20extensa%20carreira%20profesional%20destacou%20por%20ser%20un%20referente%20no%20neoexpresionismo,%20polo%20p.png)


.png)













