Está o chan inzado de follas outonizas. Elas poden ser un bo soporte para microtextos literarios. Anímate a participar nesta actividade para o Día das Bibliotecas e verás o teu traballo exposto o 24 de Outubro.
martes, 18 de outubro de 2022
venres, 14 de outubro de 2022
17 de Outubro. Día das Escritoras
Co gallo do seu día grande, 17 de Outubro este ano (todas as xornadas lles pertencen), amosamos unha pequena mostra do traballo dalgunhas das autoras que habitan as nosas salas no corredor que conduce á biblioteca.
A que campan ben?
mércores, 12 de outubro de 2022
In-formamos
Dentro das actividades da biblioteca "Ramón Caride" do inicio do curso, destacamos hoxe as relacionadas coa formación das persoas usuarias.
A profe Mercedes encargouse de impartir as xornadas formativas para o alumnado de EP, curso por curso.
Alén diso, editamos guías de usuarixs en formato díptico e tríptico para cada sala da biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Moito cómic
Este ano, as bibliotecas escolares traballaremos especialmente a banda deseñada. Neste vídeo presentámosvos as primeiras adquisicións deste ...
-
As familias son unha boa fonte de información para o noso alumnado, que acolle con interese e diversión as súas exposicións. Neste caso, o a...
-
O EDLG e a biblioteca "Ramón Caride" organizan un obradoiro de radio, impartido por Sergio Pascual, arredor da figura de Vicente R...