martes, 7 de outubro de 2025

EXPOSICIÓN CABAZAS LECTORAS

Outubro chegou e trae consigo libros, cabazas e moita diversión! 🎃

No cole de Cea imos celebrar a Exposición de Cabazas Lectoras, onde os vosos personaxes favoritos cobrarán vida de xeito creativo. Podedes decorar a vosa cabaza inspirándovos nun libro, unha historia ou un personaxe que vos guste.

Lembrade: as cabazas non se poden baleirar e deben vir acompañadas dunha ficha co título, o autor/a e unha frase que explique a relación co libro.

Preparade pinceis, cores e moita ilusión, e sorprendédenos coas vosas creacións!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!

O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...