O venres pasado, a cativada de Educación Infantil reuniuse no seu recuncho da biblioteca para presumir de pasaporte lector. Traballo completado por este curso.
Bravo, superlectores!
O alumnado de 4º ESO participou na Semana Escolar das Letras Galegas organizada pola Deputación de Ourense.
Recibiron cadanseu libro "Florencio Delgado Gurriarán fronte á exaltación da natureza", de Perozo, que leron e analizaron na clase. Sintetizaron a información nun cartel que completou o podcast que gravaran nun traballo previo.
Revisaches o teu pasaporte lector? Uxía xa o fixo e conseguiu parte do seu premio ao completar a metade das lecturas necesarias. Bótalle un ollo e ven polo teu agasallo, se é o caso.