O alumnado de EI do noso cole asisitiu no día de onte, durante a hora de ler, á proxección da película "¡Cómo mola tu escoba!", baseada no libro homónimo.
Moi ben o pasaron!
O alumnado de EI do noso cole asisitiu no día de onte, durante a hora de ler, á proxección da película "¡Cómo mola tu escoba!", baseada no libro homónimo.
Moi ben o pasaron!
O 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Aproveitando o lema deste ano das bibliotecas escolares de Galicia, engalanamos os expositores móbiles con exemplares de banda deseñada e novela gráfica.
Ademais, agasallamos todo o alumnado que acudiu á "Ramón Caride" durante a semana cos marcapáxinas debuxados por Naiara e Ana na clase de Expresión Artística en homenaxe ao recordado Ibáñez.
Naiara imaxinou unha escena ao xeito das chambonadas de Pepe Gotera e Otilio; Ana debuxou un Mortadelo pensativo xunta un libro. Moitas grazas, rapazas!
Como xa vos anunciamos, hoxe comezou o Obradoiro de Lectura dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, impartido pola profe Mercedes; e que terá lugar cada penúltimo e último luns de mes. A participación foi alta e parece que se agarda con ilusión o próximo encontro, co compromiso de traeren pensadas unhas lindas rimas poéticas.
O pasado 19 de outubro a nosa biblioteca foi un fervedoiro de actividade.
Alén do cheo habitual durante os recreos, contamos cun laboratorio radiofónico arredor da figura de Vicente Risco, promovido pola súa Fundación e organizado polo EDLG do Cole, en colaboración coa nosa Radio na Biblio e no que participou o alumnado de 4º ESO dende as 9.30 da mañá até preto das 13 horas. Sergio Pascual (Laboratorio de Radio) encargouse de formar, organizar e dirixir o traballo creativo da rapazada. En breve poderedes escoitar os pódcasts resultantes do seu esforzo colectivo.
O luns iniciarase o obradoiro de lectura para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP; baixo a batuta da profe Mercedes. Iremos contando...
O EDLG e a biblioteca "Ramón Caride" organizan un obradoiro de radio, impartido por Sergio Pascual, arredor da figura de Vicente Risco e alentados pola Fundación que leva o seu nome.
Como ben sabedes, este curso a biblioteca do cole abriu as súas portas o día de inicio das clases. Agora traémosvos unha novidade para animar o alumnado de EP na marabillosa, impresionante, magnífica, emocionante... aventura da lectura.
Os obradoiros estarán dinamizados polas mestras Carmen e Mercedes... e haberá sorpresiñas para as persoas participantes.
Graciñas, profes!