Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de Lectura. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de outubro de 2023

Obradoiro de lectura 2

Como xa vos anunciamos, hoxe comezou o Obradoiro de Lectura dirixido ao alumnado de  4º, 5º e 6º de EP, impartido pola profe Mercedes; e que terá lugar cada penúltimo e último luns de mes. A participación foi alta e parece que se agarda con ilusión o próximo encontro, co compromiso de traeren pensadas unhas lindas rimas poéticas.

A "Ramón Caride" ferve

O pasado 19 de outubro a nosa biblioteca foi un fervedoiro de actividade. 

Alén do cheo habitual durante os recreos, contamos cun laboratorio radiofónico arredor da figura de Vicente Risco, promovido pola súa Fundación e organizado polo EDLG do Cole, en colaboración coa nosa Radio na Biblio e no que participou o alumnado de 4º ESO dende as 9.30 da mañá até preto das 13 horas. Sergio Pascual (Laboratorio de Radio) encargouse de formar, organizar e dirixir o traballo creativo da rapazada. En breve poderedes escoitar os pódcasts resultantes do seu esforzo colectivo.


Durante o primeiro recreo, na sala B da biblioteca deu comezo o obradoiro de lectura dirixido ao alumnado de 1º, 2º e 3º EP, impartido pola profe Carmen. A cativada acolleu con entusiasmo esta sesión e xa está desexando volver gozar dela.

O luns iniciarase o obradoiro de lectura para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP; baixo a batuta da profe Mercedes. Iremos contando...

Formación de usuarios e usuarias.

  Esta semana estivemos coñecendo a fondo a biblioteca ! Aprendemos onde está cada sección, que significan os gomets de cores , como nos a...