Aquí tedes algunhas fotos máis para ampliar o retrato gráfico do que foi o Día das Bibliotecas no cole de Cea.
O xoves 24 de Outubro foi unha xornada estupenda para o Cole de Cea coa celebración do #díadaabibliotecas. As pequenas do cole enredaron cos contos de Celtia Figueiras. E o alumnado da ESO recibiu unha auténtica lección vital e de superación por parte de Laura Novelle , dentro do marco do que é unha biblioteca inclusiva. Moitas grazas por acompañarnos e #felizdíadasbibliotecas 📚
luns, 28 de outubro de 2019
luns, 21 de outubro de 2019
Pregón para conmemorar o #díadabiblioteca 2019
“A
SEN CONTO”
Non
quería ser princesa, non quería ser liberada polo
príncipe azul.
Tampouco que o bico dun Príncipe a
devolvese á vida; nin que a
salvase da explotación
infantil,non quería esconderse na casa dos
sete ananiños
e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar.
Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo;
nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón.
Nobres princesas
condenadas a durmir ou ao silencio,
por orde dunha madrasta, dun pai
ou dunha fada boa.
E
puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto,
correu e correu
buscando refuxio ata converterse nunha
sen conto.
Era unha sen libro,
unha sen papeis,non a querían en ningures.
Nunha
casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou.
Nadaba contra
a corrente, fortes ondas de frases afogábana,
e cando se deu por
vencida e se abandonou á súa sorte,
de súpeto salvouna a capitá
Pippi Långstrump, unha nena libre,
xenerosa, que nunca se aburría,
que se atrevía a cuestionar o
razoamento dos adultos. Acompañada
por Matilda, navegaban polo
mar das letras para rescatar todos
aqueles personaxes que se
aventuraban a cruzar o mar buscando un
conto mellor. Heroínas
con forte sentido da xustiza e do deber de
protexer os máis
débiles.
Finalmente,
despois de moitos atrancos, chegaron a porto
seguro,o Porto da
Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges:
un lugar cheo de
tesouros afundidos, como lle dixera
Virginia Woolf; unha nave
espacial que a levaría aos recunchos
máis afastados do universo;
unha máquina do tempo que a
transportaría ao pasado máis remoto e
ao futuro más afastado;
unha saída a unha vida mellor, máis feliz
e máis útil,
como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non
necesitaba
ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.
Longa
vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto,
das sen
libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser
princesas e dos
nenos que non queren ser heroes. Longa vida
aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso,
de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.
Autora: Gemma Pascual
Tradución: Héctor Cajaraville
Tradución: Héctor Cajaraville
venres, 18 de outubro de 2019
Orixe da celebración do #díadabiblioteca no 24 de Outubro .
Por
que se celebra o
#24deOutubro
o
#díadabiblioteca?
#24deOutubro
o
#díadabiblioteca?
Dende
o ano 1997, o 24 de Outubro foi escolleito coma o Día
da Biblioteca.
A proposta xurdiu da Asociación Española de Amigos do Libro
Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en lembranza
da destrución
da Biblioteca
de Sarajevo,
incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns.
A
iniciativa naceu para trasladar á opinión pública, a importancia
da biblioteca como lugar de encontro dos lectores e lectoras de todas
as idades coa cultura, e tamén como unha ferramenta de mellora da
formación e a convivencia humana.
Con
elo, preténdese educadar a nen@s
e maiores sobre os valores da lectura e cultura que se pode atopar
nunha biblioteca e salientar a labor das bibliotecas como centros de
integración e socialización que demostran decote que os libros
están ao alcance de todas as persoas que teñan a vontade de se
mergullar nas súas páxinas.
Fonte: libreriaolacacia.com
O músico bosnioherzegovino Vedran Smailović tocando o seu violonchelo entre os cascallos da Biblioteca de Saraxevo, como acto de resistencia pacífica e para realizar unha chamada de atención ao resto do mundo.
Fonte: reddebibliotecas.org
venres, 11 de outubro de 2019
O alumnado de Educación Infantil e Primaria, celebrará o #díadasbibliotecas con Celtia Figuieiras, o vindeiro 24 de Outubro.
O alumnado de Infantil e Primaria do Cole de Cea tamén celebrará o #DíadasBibliotecas. E farao da man de #CeltiaeRosi con Celtia Figuerias.
Rosi, unha nena á que lle encantan a música e máis os contos, descobre a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!
Celtia e Rosi contan e cantan as historias de "Cantamos?"
de Luis Vallecillo (editado por Guindastre Edicións ) das cales
Celtia é autora e narradora.
Será o xoves 24 de outubro na Biblioteca Ramón Caride do centro.
Rosi, unha nena á que lle encantan a música e máis os contos, descobre a través do artista que vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!
Celtia e Rosi contan e cantan as historias de "Cantamos?"
de Luis Vallecillo (editado por Guindastre Edicións ) das cales
Celtia é autora e narradora.
Será o xoves 24 de outubro na Biblioteca Ramón Caride do centro.
martes, 8 de outubro de 2019
O vindeiro 24 de Outubro para celebrar o #díadasbibliotecas recibiremos a Laura Novelle, autora do libro "39 escalones con vistas al mar"
O cole de Cea celebra o #DíadasBibliotecas coa visita da escritora
Laura Novelle autora do libro “39 escalones con vistas al mar”.
A partir de experiencias vitais e profesionais da autora explicará como é o traballo nunha biblioteca e o xeito en que esta pode axudar á integración social da discapacidade.
O xoves 24 de outubro na Biblioteca Ramón Caride do centro para o alumnado da ESO.
Vealquí tedes un enlace ao seu blog:https://docendodiscitur.blog/
Laura Novelle autora do libro “39 escalones con vistas al mar”.
A partir de experiencias vitais e profesionais da autora explicará como é o traballo nunha biblioteca e o xeito en que esta pode axudar á integración social da discapacidade.
O xoves 24 de outubro na Biblioteca Ramón Caride do centro para o alumnado da ESO.
Vealquí tedes un enlace ao seu blog:https://docendodiscitur.blog/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
A data do 25 de Novembro homenaxea as irmás Mirabal , asasinadas polo réxime ditatorial de Trujillo na República Dominicana tal día de 1960....
-
O alumnado do Cole de Cea, por clases, realizou unha selección dos seus libros favoritos. Coa dita escolma, o equipo da biblioteca deseñou e...