domingo, 18 de xuño de 2023

Contamos o noso mundo

O pasado luns, 12 de xuño, contamos coa presenza das narradoras orais Alba de Vales e Raquel Queizás na biblioteca, quen traballaron co alumnado de 1º e 2º de ESO nun laboratorio de lingua.

Enmarcado no seu proxecto global "Cóntame un mundo", a actividade percorre un feixe de concellos galegos para recoller e valorizar a tradición oral como fonte de coñecemento e de comunicación interxeracional.

Tras as achegas traídas polo alumnado das súas casas e aldeas, os equipos elaboraron guións para uns vídeos que logo gravaron no recinto escolar cos móbiles e que editaron posteriormente.

Velaquí as primeiras mostras das pezas creadas pola rapazada, á espera de que nos cheguen todos os traballos.




Nos próximos días, Alba e Raquel organizan o Encontro da Palabra e mais o Roteiro da Memoria no concello de Cea, ao que estades convidadas/os coas vosas familias e do que formará parte unha das nosas alumnas: Diana.


Día do Libro

O Cole de Cea celebrou o Día do Libro ao grande, con diversas actividades ao longo da xornada. De mañá, o alumnado de 3º e 4º ESO realizou u...