xoves, 29 de setembro de 2022

Arrincamos!

Logo de pór a punto a biblio: estreando piso, postos de xestión e ordenadores portátiles; impartindo charlas formativas, creando guías de uso, actualizando as mochilas viaxeiras e reorganizando os fondos.... arrincamos! 

Podes visitarnos nos recreos, á parte das horas de lectura programadas e doutras clases nas que participas desde o inicio do curso. Temos xogos, libros, pelis... todo o que xa sabes. Agardámoste!

Curros a fume de carozo

En 2 minutiños de nada, Martín fainos unha síntese da vida e a obra de Manuel Curros Enríquez.