domingo, 27 de setembro de 2026

CORREO DA BIBLIOTECA

 O alumnado do Cole de Cea atopouse cunha sorpresa especial nas súas aulas: unhas cartas da Biblioteca enviadas por Foguetiño.

Nelas, Foguetiño explicaba o papel da Biblioteca no proxecto e presentaba a etapa histórica que lle corresponde traballar a cada ciclo:

  • Educación Infantil → Prehistoria
  • 1º ciclo de Primaria → Idade Antiga
  • 2º ciclo de Primaria → Idade Media
  • 3º ciclo de Primaria → Idade Moderna
  • ESO → Idade Contemporánea

Agora toca investigar sobre cada época para comezar a decorar o mural e as aulas.

Na Biblioteca xa temos preparada unha selección de libros e materiais para axudarnos nesta primeira misión.









mércores, 23 de setembro de 2026

O COLE DE CEA CONTA…

 Xa estamos de volta!


A biblioteca Ramón Caride ponse en marcha cunha nova aventura: o noso PDI “O cole de Cea conta”.

Este curso faremos unha viaxe no tempo, guiados por Foguetiño, para investigar como a humanidade contou as súas historias, transmitiu as súas ideas e expresou as súas emocións ao longo das diferentes épocas. 

Desde a Prehistoria ata a actualidade, iremos descubrindo diferentes formas de contar, crear e comunicar.

Xa temos preparado un gran mural, que iremos completando entre todas e todos ao longo desta viaxe.

Pouco a pouco iremos desvelando máis pistas…

A aventura comeza!



NOVIDADES NOVEMBRO 2026

 Xa están aquí as novidades da biblioteca! Achégate aos nosos andeis e descubre os últimos libros incorporados.