Se es profe ou alumno de ensino secundario no Cole de Cea, xa podes acceder á plataforma de lectura e préstamo de libros ELBE2, premendo na ligazón da parte baixa desta páxina. Podes consultar as túas claves de acceso na biblioteca e comezar a ler en liña, como xa fixo o alumnado de 3º e 4º ESO.
xoves, 17 de marzo de 2022
domingo, 6 de marzo de 2022
Contamos en igualdade
Anticipando o 8M, o alumnado do Cole de Cea recibiu en propia man o convite ofrecido desde o Centro Social de Albarona para asistir en familia á sesión de contacontos do sábado precedente á data sinalada.
Un plan perfecto para a tarde sabatina, non si?
venres, 4 de marzo de 2022
Encontro con Ramón Caride
O pasado mes de febreiro foi un fervedoiro de actividades no noso cole, por mor dos 21 Días co Galego e +. A biblioteca, en colaboración co EDL, foi escenario de varios encontros con escritoras e escritores dos que xa demos conta; pero quedáranos no caixón a visita do autor que lle dá nome á nosa biblioteca: Ramón Caride.
El conversou co alumnado de diferentes niveis sobre algúns dos seus libros: Soños eléctricos, reeditado hai pouco, As músicas viaxeiras e Ramón Cabanillas, do A ao Z. En resumo, unha tríade de volumes variados canto ao xénero e ao público albo, cos que nos agasallou metafórica e literalmente.
Graciñas, Ramón, por volver sempre á túa biblioteca.
Refráns
Velaí vai unha presa de refráns recollidos por Saleta entre os seus maiores. Algún non moi politicamente correcto, por certo.
-
Este ano, a Fundación Insua dos Poetas convou un certame literario para unirse ás celebracións do Ano Castelao. Nunha das súas categorías, h...
-
Dentro do proxecto "Cántame e cóntame, avoa", proposto polo EDLG, o alumnado do Cole de Cea recolleu lendas da zona e refráns entr...