venres, 29 de outubro de 2021

Benvidos, ósos!

Hoxe chegounos unha sorpresa á biblioteca, da man de Breogán Reboredo Guntín, alumno de 6º de EP: unhas vértebras de golfiño.

Como están a estudar os ósos coa mestra Mercedes, o rapaz quixo compartir coa clase un fragmento do espiñazo dun cetáceo atopado na illa de Sálvora, onde traballa súa nai, María Rosa.


Velaquí o tendes, suxeitando o fragmento do esqueleto do delfín. Aínda que vexades o mociño ensanguentado, non pensedes que foi o causante da morte do mamífero acuático; non tal. Évos que hoxe cadrou a pseudofesta previa ao Samaín do cole e por iso campaba un chisco tétrico baixo a perruca de trenzas.

Habemos buscarlle a este agasallo un acubillo de xeito na biblioteca, para que quen quixer poida contemplar de preto este anaco verdadeiro de columna vertebral recollido no noso litoral (houbo quen, ao velo, pensou que formaba parte da entroidada do día, pero non).

Graciñas, Breogán!

Día do Libro

O Cole de Cea celebrou o Día do Libro ao grande, con diversas actividades ao longo da xornada. De mañá, o alumnado de 3º e 4º ESO realizou u...