Moitísimas grazas ás familias pola vosa implicación, polo tempo e polo enorme esforzo que sabemos que hai detrás de cada cabaza.
Premede no vídeo e descubrídeas todas!
Moitísimas grazas ás familias pola vosa implicación, polo tempo e polo enorme esforzo que sabemos que hai detrás de cada cabaza.
Premede no vídeo e descubrídeas todas!
Na biblioteca do cole de Cea preparamos un recuncho cheo de cores, materiais e posibilidades para deixar voar a imaxinación.
Agardamos que este novo espazo esperte a curiosidade de pequenos e maiores e que se converta nun lugar cheo de ideas e creatividade.
MANS Á OBRA, ARTISTAS!
Na Biblioteca Ramón Caride estamos a preparar un Samaín terrorificamente divertido!
Mural colaborativo: elaboramos un mural relacionado co noso PDI O cole de Cea conta.
Animámosvos a
participar elaborando as vosas cabazas para encher a exposición de propostas
orixinais e arrepiantes. A continuación, deixámosvos as indicacións para
participar.
Contamos convosco!
Esta semana estivemos coñecendo a fondo a biblioteca!
Aprendemos onde está cada sección, que significan os gomets de cores, como nos axuda o tello a atopar os libros e repasamos as normas da biblioteca.
Agora xa sabemos un pouco máis sobre como movernos
pola biblio e como atopar o libro que buscamos.
Despois de moito traballo e
moita ilusión, a Biblioteca Ramón Caride está lista para abrir as súas portas o
vindeiro luns 5 de outubro.
Agardámosvos!
O alumnado do Cole de Cea atopouse cunha sorpresa especial nas súas aulas: unhas cartas da Biblioteca enviadas por Foguetiño.
Nelas, Foguetiño explicaba o
papel da Biblioteca no proxecto e presentaba a etapa histórica que lle
corresponde traballar a cada ciclo:
Agora toca investigar sobre
cada época para comezar a decorar o mural e as aulas.
Na Biblioteca xa temos
preparada unha selección de libros e materiais para axudarnos nesta primeira
misión.
Xa estamos de volta!
A biblioteca Ramón
Caride ponse en marcha cunha nova aventura: o noso PDI “O cole de Cea conta”.
Este curso faremos unha viaxe no tempo, guiados por Foguetiño, para investigar como a humanidade contou as súas historias, transmitiu as súas ideas e expresou as súas emocións ao longo das diferentes épocas.
Desde a Prehistoria ata a
actualidade, iremos descubrindo diferentes formas de contar, crear e comunicar.
O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca.
Novas historias, cómics, álbums ilustrados e libros cheos de aventuras agárdanvos nos nosos andeis. Ademais, deixámosvos algunhas recomendacións lectoras para que este verán sigades gozando da lectura.
A nosa biblioteca acolleu unha actividade moi especial dentro das xornadas de convivencia co alumnado que se incorporará ao centro o vindeiro curso.
Contamos coa visita do Mago Abel, que ofreceu un espectáculo para o alumnado de 1º a 3º de Educación Primaria e, posteriormente, outro para todo o alumnado de Educación Infantil.
Unha mañá chea de maxia, risas e ilusión que nos permitiu compartir un fermoso momento de convivencia e dar a benvida aos futuros compañeiros e compañeiras.
Como o curso vai chegando ao seu fin e a biblioteca comeza a preparar o peche deste ano, quixemos dedicar un programa moi especial aos seus usuarios máis fieis.
Por iso nace “Con voz de libros”, un espazo de radio no que entrevistamos aos catro alumnos e alumnas
que máis libros levaron en préstamo ao longo do curso. Falamos con eles das súas lecturas favositas,
dos libros que máis lles gustaron e das recomendacións que lle farían ao resto dos compañeiros
e compañeiras.
Dálle ao play e escoita as voces que máis páxinas moveron na nosa biblioteca este ano!
Ao longo deste curso, o noso alumnado participou nas xornadas do programa de Saúde Bucodental en Atención Primaria, unha iniciativa dirixida a promover hábitos saudables de hixiene e coidado da boca desde as primeiras idades.
As sesións, adaptadas ás distintas etapas educativas, permitiron que o alumnado aprendese a
importancia dun correcto cepillado, dunha alimentación saudable e das revisións periódicas para
previr problemas bucodentais.
Agradecemos ao persoal sanitario a súa colaboración e o seu labor divulgativo, axudando a
fomentar hábitos saudables entre o alumnado.
Dentro do proxecto Radio na Biblio, participamos no concurso “O vello dos contos" un
certame de podcast que promove a lingua galega a través da oralidade e das novas
tecnoloxías.
O podcast presentado leva por título “O son do chifre”.
Neste traballo, o profe Pablo Nogueira recreou a historia de cando un famoso musicólogo
recolleu nunha aldea de Luintra, nos anos cincuenta, unha melodía asubiada por un afiador.
Gravouna e anos despois sería empregada por Miles Davis para incorporala nunha peza dun
dun dos seus discos máis celebrados. Na canción “The Pan Piper”, gravada no disco
“Sketches from Spain”, aparecen as notas musicais bulidas do chifre daquel afiador
galego interpretando a “Alborada de Vigo”.
Grazas ao profe Pablo Nogueira pola súa dedicación e ao alumnado participante polo
gran traballo realizado!!
AUDIO " O SON DO CHIFRE":
https://drive.google.com/file/d/14Kh3VdGLhne2YJwh2jjQqgDuGX97UlXa/view?usp=sharing
Na nosa biblioteca celebramos con moita ilusión o Día das Letras Galegas coa nosa marabillosa festa do SERÁN, unha xornada chea de música, tradición e convivencia para compartir e poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura.
Queremos aproveitar esta celebración para agradecer o traballo de moitas alumnas do centro que, ao longo de todo o curso, colaboraron nos recreos na elaboración dos murais e decoracións das diferentes festividades do cole.
Grazas á súa creatividade e esforzo, os corredores e
espazos do centro enchéronse de cor e vida en cada celebración.
Seguimos facendo escola e comunidade!
Seguindo o lema deste curso da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, “Desescribir.
Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade”, o alumnado de 4º de primaria
embarcouse nunha proposta moi especial.
Nesta ocasión, a nosa querida mascota, Foguetiño, converteuse na protagonista
dunha viaxe moi particular: un percorrido pola creatividade a través do tempo.
O alumnado traballou ao redor de diferentes estilos artísticos, O alumnado traballou ao
redor de diferentes estilos artísticos, recreando así unha pequena mostra inspirada
en distintas épocas e formas de expresión.
O resultado foi un mural cheo de cor, imaxinación e personalidade, no que cada
Foguetiño conta unha historia diferente.
Hai semanas que pasan sen máis… e outras que deixan pegada. A do Día do Libro foi desas: biblioteca con vida, libros en movemento e ganas de ler por todas partes.
O alumnado máis pequeno mergullouse nas sesións de ocntacontos. Escoitamos "A noite das mudanzas" da man de Pichel, "Como mola tu escoba", contado por Paula e a profe Ana trouxo "El muro", un conto que fala da xenofobia dun xeito claro e que tamén nos fixo pensar.
En Primaria, de 3º a 6º, a "amizade invisible lectora" funcionou de marabilla: libros
escollidos con intención, intriga ata o final… e máis dun intentando descubrir o seu
“amigo” antes de tempo.
En Secundaria, a Semana Literaria converteu as aulas nun espazo para ler con
calma, pensar mellor e entender máis. Textos distintos, miradas diferentes, pero
un mesmo fío: a lectura como ferramenta.
Con motivo do 8M preparamos unha exposición de libros sobre mulleres inspiradoras . A partir destas lecturas, cada alumno e alumna escolleu unha muller e elaborou unha pequena ficha cos datos máis importantes da súa vida e do seu legado.
O alumnado de Infantil participou doutra maneira moi especial: debuxaron ou escribiron sobre as mulleres máis importantes das súas vidas.
Con todas estas tarxetas construímos entre todas e todos a nosa Árbore da Igualdade, que medra para lembrarnos algo importante: moitas mulleres abriron camiño, pero a loita pola igualdade aínda continúa.
Onte celebramos no cole a actividade “Todas e todos contamos”, unha xornada chea de diversión
da man de monitores e monitoras con diversidade funcional.
En Infantil gozaron dun contacontos sobre os distintos modelos familiares e dun obradoiro no
que crearon as súas propias propostas cheas de imaxinación.
De 1º a 4º rimos cunha obra de teatro que nos deixou algo ben claro: as tarefas da casa repártense
e fanse en equipo.
E en 5º e 6º deixaron voar a creatividade facendo polbos xigantes de globoflexia.
Moitas grazas polos talleres e por facernos pasar unha mañá tan especial!
Moitísimas grazas ás familias pola vosa implicación, polo tempo e polo enorme esforzo que sabemos que hai detrás de cada cabaza. Premede no ...