Con motivo do Día da Paz e da Ilustración, a biblioteca "Ramón Caride" achegou o seu granciño de area ás actividades do Cole de Cea.
En colaboración coas titorías de ESO, expúxose de forma gráfica unha parte dos conflitos bélicos vixentes na actualidade, após a investigación do alumnado.
As titoras e titores de EP organizaron o traballo para que a rapazada elaborase carteis impactantes con información e reflexión sobre algúns conflitos armados e as súas consecuencias na infancia; carteis que campan nas salas da biblioteca.
Por outra banda, e para conmemorar o Día da Ilustración, fíxose unha escolma de libros (nomeadamente ilustrados) e cómics, alén de filmes relacionados coas guerras.




,%20que%20na%20s%C3%BAa%20extensa%20carreira%20profesional%20destacou%20por%20ser%20un%20referente%20no%20neoexpresionismo,%20polo%20p.png)
