martes, 28 de abril de 2026

FOGUETIÑO A TRAVÉS DO DESEÑO

 Seguindo o lema deste curso da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, “Desescribir.

Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade”, o alumnado de 4º de primaria


embarcouse nunha proposta moi especial.


Nesta ocasión, a nosa querida mascota, Foguetiño, converteuse na protagonista 


dunha viaxe moi particular: un percorrido pola creatividade a través do tempo. 


O alumnado traballou ao redor de diferentes estilos artísticos, O alumnado traballou ao 


redor de diferentes estilos artísticos, recreando así unha pequena mostra inspirada


en distintas épocas e formas de expresión.


O resultado foi un mural cheo de cor, imaxinación e personalidade, no que cada 


Foguetiño conta unha historia diferente.




SEMANA DO DÍA DO LIBRO

 Hai semanas que pasan sen máis… e outras que deixan pegada. A do Día do Libro foi desas: biblioteca con vida, libros en movemento e ganas de ler por todas partes.

O alumnado máis pequeno mergullouse nas sesións de ocntacontos. Escoitamos "A noite das  mudanzas" da man de Pichel, "Como mola tu escoba", contado por Paula e a profe Ana trouxo "El muro",  un conto que fala da xenofobia dun xeito claro e que tamén nos fixo pensar.









En Primaria, de 3º a 6º, a "amizade invisible lectora" funcionou de marabilla: libros 


escollidos con intención, intriga ata o final… e máis dun intentando descubrir o seu


“amigo” antes de tempo.





En Secundaria, a Semana Literaria converteu as aulas nun espazo para ler con 


calma, pensar mellor e entender máis. Textos distintos, miradas diferentes, pero


un mesmo  fío: a lectura como ferramenta.




E para pechar, o profesorado tamén se sumou cun "amigo invisible lector", regalámonos
libros e recomendacións, porque compratir lecturas sempre suma.







FOGUETIÑO A TRAVÉS DO DESEÑO

 Seguindo o lema deste curso da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, “Desescribir. Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade” ...