martes, 28 de abril de 2026

SEMANA DO DÍA DO LIBRO

 Hai semanas que pasan sen máis… e outras que deixan pegada. A do Día do Libro foi desas: biblioteca con vida, libros en movemento e ganas de ler por todas partes.

O alumnado máis pequeno mergullouse nas sesións de ocntacontos. Escoitamos "A noite das  mudanzas" da man de Pichel, "Como mola tu escoba", contado por Paula e a profe Ana trouxo "El muro",  un conto que fala da xenofobia dun xeito claro e que tamén nos fixo pensar.














En Primaria, de 3º a 6º, a "amizade invisible lectora" funcionou de marabilla: libros 


escollidos con intención, intriga ata o final… e máis dun intentando descubrir o seu


“amigo” antes de tempo.





En Secundaria, a Semana Literaria converteu as aulas nun espazo para ler con 


calma, pensar mellor e entender máis. Textos distintos, miradas diferentes, pero


un mesmo  fío: a lectura como ferramenta.




E para pechar, o profesorado tamén se sumou cun "amigo invisible lector", regalámonos
libros e recomendacións, porque compratir lecturas sempre suma.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!

O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...