domingo, 20 de febreiro de 2022

Compartindo letras con Pablo

O docente do noso cole, Pablo Nogueira Campo, profesional de AL (audición e linguaxe), tamén é un grande escritor para grandes e pequenos, ademais de músico. Aquí o tendes, lendo con xeito, para o alumnado de Infantil, un cachiño do seu libro "Nube Branca quere ser astronauta". 


Esa mesma mañá tamén compartiu un obradoiro de escrita creativa con alumnado de Primaria.


E aquí, unha mostra dos títulos publicados por Pablo... de momento.


Graciñas, profe Pablo!

martes, 15 de febreiro de 2022

Visita de Branca Trigo


Aproveitando os 21 Días co Galego e + que estamos a vivir no noso cole, visitounos a ex-alumna da profe Fátima e galardoada poeta, Branca Trigo

Falou do seu proxecto editorial, Malafera; elaborou un breve resumo da disidencia na literatura galega e desatou a fera creativa que toda a rapazada leva dentro para xerar poemas colectivos, inspirados en imaxes, na actualidade ou elaborados mediante a técnica vangardista do cadáver exquisito. 

Velaquí as creacións dxs nosxs poetas:
Graciñas, Branca!

xoves, 3 de febreiro de 2022

Avelino González cóntaNOS

A miúdo as preguntas son tan importantes coma as respostas. Queremos contarnos ou que nos conten outrxs? Aspiramos a ser orixinais ou copias...