luns, 9 de marzo de 2020

#MesdaPoesía

#MesdaPoesía✒️

Despois do encontro con Paulo Fernández Mirás o pasado venres, que nos falou de #CarvalhoCalero, recibimos este xoves 12 de marzo a Roberto Sobrado e Quico Valeiras para ofrecernos o seu espectáculo de “Música e poesía” para a ESO e 5º e 6º de Primaria.

Tamén durante este mes exporanse os traballos realizados polas aulas participantes no certame#DaPazARosalía onde o alumnado escribiu versos que conectan ambas conmemoracións.

Biblioteca Ramón Caride expón unha escolma de obras poéticas para todos os públicos e durante a semana posterior ao 21 acollerá lecturas continuadas de #poesía nas que poderá participar toda a comunidade educativa lendo algúns dos seus poemas favoritos. A lectura será gravada para formar parte dun novo programa de #RadioRoxar.






martes, 3 de marzo de 2020

O mes de Marzo #mesdapoesía. O 12 de Marzo "Música e Poesía"

Este mes de Marzo e co gallo da celebración do #DíaInternacionaldaPoesía o 21 deste mesmo mes, dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Ramón Caride do Cole de Cea, celebraremos o #MesDaPoesía con varas actividades. Unha delas é a visita do músico carballiñés Roberto Sobrado e do poeta de Arcos, Quico Valeiras.







Avelino González cóntaNOS

A miúdo as preguntas son tan importantes coma as respostas. Queremos contarnos ou que nos conten outrxs? Aspiramos a ser orixinais ou copias...