#MesdaPoesía✒️
Despois do encontro con Paulo Fernández Mirás o pasado venres, que nos falou de #CarvalhoCalero, recibimos este xoves 12 de marzo a Roberto Sobrado e Quico Valeiras para ofrecernos o seu espectáculo de “Música e poesía” para a ESO e 5º e 6º de Primaria.
Tamén durante este mes exporanse os traballos realizados polas aulas participantes no certame#DaPazARosalía onde o alumnado escribiu versos que conectan ambas conmemoracións.
A Biblioteca Ramón Caride expón unha escolma de obras poéticas para todos os públicos e durante a semana posterior ao 21 acollerá lecturas continuadas de #poesía nas que poderá participar toda a comunidade educativa lendo algúns dos seus poemas favoritos. A lectura será gravada para formar parte dun novo programa de #RadioRoxar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario