venres, 30 de outubro de 2026

Cabazas históricas do cole de Cea

Moitísimas grazas ás familias pola vosa implicación, polo tempo e polo enorme esforzo que sabemos que hai detrás de cada cabaza.

Premede no vídeo e descubrídeas todas!









martes, 20 de outubro de 2026

Xa está listo o noso Espazo Creativo!

 Na biblioteca do cole de Cea preparamos un recuncho cheo de cores, materiais e posibilidades para deixar voar a imaxinación.

Agardamos que este novo espazo esperte a curiosidade de pequenos e maiores e que se converta nun lugar cheo de ideas e creatividade.

MANS Á OBRA, ARTISTAS!




martes, 13 de outubro de 2026

Xa estamos a preparar o Samaín na biblioteca!

 Na Biblioteca Ramón Caride estamos a preparar un Samaín terrorificamente divertido!  

Mural colaborativo: elaboramos un mural relacionado co noso PDI O cole de Cea conta.


Retos de Kappla: poñemos a proba a nosa creatividade e o traballo en equipo.




















Taller de grilandas pantasmagóricas: reutilizamos materiais dos expurgos da biblioteca para crear decoración arrepiante!


Exposición de cabazas.

Animámosvos a participar elaborando as vosas cabazas para encher a exposición de propostas orixinais e arrepiantes. A continuación, deixámosvos as indicacións para participar.

Contamos convosco!




xoves, 1 de outubro de 2026

Formación de usuarios e usuarias.

 Esta semana estivemos coñecendo a fondo a biblioteca!

Aprendemos onde está cada sección, que significan os gomets de cores, como nos axuda o tello a atopar os libros e repasamos as normas da biblioteca.

Agora xa sabemos un pouco máis sobre como movernos pola biblio e como atopar o libro que buscamos.

Despois de moito traballo e moita ilusión, a Biblioteca Ramón Caride está lista para abrir as súas portas o vindeiro luns 5 de outubro.

Agardámosvos!





Comezan as mochilas viaxeiras!

  As mochilas viaxeiras xa están listas para visitar os fogares e compartir momentos de lectura en familia. Este curso traen unha novidade...