martes, 13 de outubro de 2026

Xa estamos a preparar o Samaín na biblioteca!

 Na Biblioteca Ramón Caride estamos a preparar un Samaín terrorificamente divertido!  

Mural colaborativo: elaboramos un mural relacionado co noso PDI O cole de Cea conta.


Retos de Kappla: poñemos a proba a nosa creatividade e o traballo en equipo.




















Taller de grilandas pantasmagóricas: reutilizamos materiais dos expurgos da biblioteca para crear decoración arrepiante!


Exposición de cabazas.

Animámosvos a participar elaborando as vosas cabazas para encher a exposición de propostas orixinais e arrepiantes. A continuación, deixámosvos as indicacións para participar.

Contamos convosco!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Xa estamos a preparar o Samaín na biblioteca!

  Na Biblioteca Ramón Caride estamos a preparar un Samaín terrorificamente divertido!   Mural colaborativo: elaboramos un mural relaciona...