luns, 9 de marzo de 2026

A nosa Árbore da Igualdade medra polo 8M.

Con motivo do 8M preparamos unha exposición de libros sobre mulleres inspiradoras . A partir destas lecturas, cada alumno e alumna escolleu unha muller e elaborou unha pequena ficha cos datos máis importantes da súa vida e do seu legado.

O alumnado de Infantil participou doutra maneira moi especial: debuxaron ou escribiron sobre as mulleres máis importantes das súas vidas.

Con todas estas tarxetas construímos entre todas e todos a nosa Árbore da Igualdade, que medra para lembrarnos algo importante: moitas mulleres abriron camiño, pero a loita pola igualdade aínda continúa.










Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!

O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...