sábado, 30 de maio de 2026

CON VOZ DE LIBROS!

Como o curso vai chegando ao seu fin e a biblioteca comeza a preparar o peche deste ano, quixemos dedicar un programa moi especial aos seus usuarios máis fieis.

Por iso nace “Con voz de libros”, un espazo de radio no que entrevistamos aos catro alumnos e alumnas

que máis libros levaron en préstamo ao longo do curso. Falamos con eles das súas lecturas favositas,

dos libros que máis lles gustaron e das recomendacións que lle farían ao resto dos compañeiros 

e compañeiras.


Dálle ao play e escoita as voces que máis páxinas moveron na nosa biblioteca este ano!



CON VOZ DE LIBROS





venres, 29 de maio de 2026

SAÚDE BUCODENTAL

 Ao longo deste curso, o noso alumnado participou nas xornadas do programa de Saúde Bucodental en Atención Primaria, unha iniciativa dirixida a promover hábitos saudables de hixiene e coidado da boca desde as primeiras idades.

As sesións, adaptadas ás distintas etapas educativas, permitiron que o alumnado aprendese a

importancia dun correcto cepillado, dunha alimentación saudable e das revisións periódicas para

previr problemas bucodentais.


Agradecemos ao persoal sanitario a súa colaboración e o seu labor divulgativo, axudando a 

fomentar hábitos saudables entre o alumnado. 





martes, 26 de maio de 2026

O SON DO CHIFRE

 Dentro do proxecto Radio na Biblio, participamos no concurso O vello dos contos" un

 certame de podcast que promove a lingua galega a través da oralidade e das novas

 tecnoloxías.


O podcast presentado leva por título “O son do chifre”.



Neste traballo, o profe Pablo Nogueira recreou a historia de cando un famoso musicólogo

 

recolleu nunha aldea de Luintra, nos anos cincuenta, unha melodía asubiada por un afiador.


Gravouna e anos despois sería empregada por Miles Davis para incorporala nunha peza dun

 

dun dos seus discos máis celebrados. Na canción “The Pan Piper”, gravada no disco 


Sketches from Spain”, aparecen as notas musicais bulidas do chifre daquel afiador 


galego interpretando a “Alborada de Vigo”.



Grazas ao profe Pablo Nogueira pola súa dedicación e ao alumnado participante polo 


gran traballo realizado!!



AUDIO " O SON DO CHIFRE":


https://drive.google.com/file/d/14Kh3VdGLhne2YJwh2jjQqgDuGX97UlXa/view?usp=sharing






domingo, 17 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS

Na nosa biblioteca celebramos con moita ilusión o Día das Letras Galegas coa nosa marabillosa festa do SERÁN, unha xornada chea de música, tradición  e convivencia para compartir e poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura.

Queremos aproveitar esta celebración para agradecer o traballo  de moitas alumnas do centro que, ao longo de todo o curso, colaboraron nos recreos na elaboración dos murais e decoracións das diferentes festividades do cole. 

Grazas á súa creatividade e esforzo, os corredores e espazos do centro enchéronse de cor e vida en cada celebración.

Seguimos facendo escola e comunidade! 










Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!

O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...