Dende a agora virtual #BibliotecaRamonCaride do Cole de Cea, a nosa querida profe Conchi cóntanos o conto "Adivina cuánto te quiero" dentro do proxecto #ContoContigo dende a casa. #aculturasegue#bibliotecasescolares
Encetamos o camiño do #ContoContigo desde a casa amadriñados pola escritora Fina Casalderrey que nos le "Soño en ser camelia" un poema do seu libro "Lúas de Nácara".
Unha honra para a #BibliotecaRamónCaride do Cole de Cea poder contar coa súa voz na estrea deste proxecto. Grazas, Fina."Soño con ser camelia" Fina Casalderrey
Debido á situación de pandemia que asolaga ao planeta e que nos impide acudir ao noso benqueridoCole de Cea a aprender un feixe de cousas e gozar cos nosos compañeiros e compañeiras, 💡cavilamos desde o Equipo de Tics, o Equipo de Biblioteca Biblioteca Ramón Caride e o Equipo de Dinamización Lingüística que os membros da comunidade escolar poderiamos achegar contos, poemas, historias, textos divulgativos, etc.
Farémolo así:
🔸1 Preferentemente en galego e poderanse empregar todos os recursos que se queiran para adobiar a gravación (vestimenta, efectos, música etc.)
🔸2 Grava un vídeo no que saias ti ou a túa voz contando un conto, un poema, compartindo un texto divulgativo etc. (duración máxima 5 mins.)
🔸3 Envíao a través da plataforma we transfer (www.wetransfer.com) ao enderezo electrónico: ticscea@gmail.com
🔸4 Compartirémolo nos perfís do cole para que chegue a moitos recunchos do planeta.
😃 Así pois animádevos a enviar os vosos videos para poder compartilos e facer que aínda que sexa virtualmente, nos sintamos máis preto.
Hoxe é o #DíadoLibro📙 e temos unha sorpresa moi especial para o Cole de Cea. O noso benquerido #RamónCaride quixo agasallarnos cun saúdo agarimoso, un poema adicado ao día do libro e coa estrea en exclusiva para nós dun anaco do seu novo libro #VdeBestiario editado por Edicións Embora que conta coas ilustracións de Lois G. Magariños. 😍 Grazas, Ramón! Queremos verte pronto pola Biblioteca Ramón Caride