xoves, 26 de febreiro de 2026

TODAS E TODOS CONTAMOS

 Onte celebramos no cole a actividade “Todas e todos contamos”, unha xornada chea de diversión 

da man de monitores e monitoras con diversidade funcional.


En Infantil gozaron dun contacontos sobre os distintos modelos familiares e dun obradoiro no 


que crearon  as súas propias propostas cheas de imaxinación.


De 1º a 4º rimos cunha obra de teatro que nos deixou algo ben claro: as tarefas da casa repártense 


e fanse en equipo.


E en 5º e 6º deixaron voar a creatividade facendo polbos xigantes de globoflexia.


Moitas grazas polos talleres e por facernos pasar unha mañá tan especial!









luns, 23 de febreiro de 2026

RETOS SEMANAIS NA BIBLIO!!

Comezamos un reto semanal co xogo Kapla! Cada semana publicaremos unha imaxe que teredes que intentar reproducir empregando as pezas do xogo.

Este xogo témolo na biblioteca grazas a Polos Creativos, que nolo cedeu para poñer a proba a nosa creatividade e paciencia!

Animádevos a participar e… mans á obra!




mércores, 11 de febreiro de 2026

A nosa biblio segue medrando!

Grazas aos fondos do PLAMBE, renovamos o mobiliario da Sala B con catro mesas abatibles e cadeiras apilables. 

Así gañamos un espazo máis versátil, preparado para diferentes actividades segundo o que precisemos en cada momento. 

Agora só queda estreala… e darlle moito uso, que para iso está!








xoves, 5 de febreiro de 2026

NOVIDADES 2º TRIMESTRE

A biblio vén cargadiña de novidades para o 2º trimestre… libros novos que están desexando saír de paseo nas vosas mochilas!














domingo, 1 de febreiro de 2026

Mañá celebramos a Candeloria, a festa da voda dos paxaros, e na biblioteca temos un detalliño para ti...

 


Día Escolar da Non violencia e a Paz

 Con motivo do Día da Paz e enmarcada dentro do noso proxecto de centro, no cole levamos a cabo unha actividade moi especial: a creación da Árbore da Paz.

Unha árbore simbólica formada polas mans de todo o alumnado, cheas de palabras e mensaxes relacionadas coa paz.

A actividade completouse co visionado da película O bosque animado, que nos axudou a reflexionar sobre a convivencia e o respecto polos demais e polo entorno.





FOGUETIÑO A TRAVÉS DO DESEÑO

 Seguindo o lema deste curso da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, “Desescribir. Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade” ...