xoves, 26 de febreiro de 2026

TODAS E TODOS CONTAMOS

 Onte celebramos no cole a actividade “Todas e todos contamos”, unha xornada chea de diversión 

da man de monitores e monitoras con diversidade funcional.


En Infantil gozaron dun contacontos sobre os distintos modelos familiares e dun obradoiro no 


que crearon  as súas propias propostas cheas de imaxinación.


De 1º a 4º rimos cunha obra de teatro que nos deixou algo ben claro: as tarefas da casa repártense 


e fanse en equipo.


E en 5º e 6º deixaron voar a creatividade facendo polbos xigantes de globoflexia.


Moitas grazas polos talleres e por facernos pasar unha mañá tan especial!









Ningún comentario:

Publicar un comentario

O SON DO CHIFRE

  Dentro do proxecto Radio na Biblio, participamos no concurso  “ O vello dos contos" un  certame  de podcast que promove a lingua gale...