O luns pola tarde, durante a hora de ler, o alumnado de 5º e 6º de EP mantivo un encontro ben animado co escritor da nosa biblio: Ramón Caride.
A escusa perfecta foi a lectura da súa última entrega xuvenil: O misterio das zocas, continuación das aventuras das catro músicas viaxeiras: María, Frida, Nursa e Xeria.
Acompañouno na visita un veterano e prolífico escribidor, Xosé Lois García Fernández, nado en Lugo e cunha longa traxectoria vital en Cataluña.
Durante a xuntanza, Caride respondeu unha chea de preguntas dxs lectorxs, amais de convidar á reflexión sobre diversos aspectos da sociedade actual e daqueloutra medieval na que se ambienta a novela ilustrada por Dani Padrón. Tamén animou a rapazada á lectura e á escritura, alentando as vocacións literarias de quen non dubidou en comentarlle algún relato truculento argallado con nocturnidade e sen aleivosía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario