Como xa vos anunciamos, hoxe comezou o Obradoiro de Lectura dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, impartido pola profe Mercedes; e que terá lugar cada penúltimo e último luns de mes. A participación foi alta e parece que se agarda con ilusión o próximo encontro, co compromiso de traeren pensadas unhas lindas rimas poéticas.
luns, 23 de outubro de 2023
A "Ramón Caride" ferve
O pasado 19 de outubro a nosa biblioteca foi un fervedoiro de actividade.
Alén do cheo habitual durante os recreos, contamos cun laboratorio radiofónico arredor da figura de Vicente Risco, promovido pola súa Fundación e organizado polo EDLG do Cole, en colaboración coa nosa Radio na Biblio e no que participou o alumnado de 4º ESO dende as 9.30 da mañá até preto das 13 horas. Sergio Pascual (Laboratorio de Radio) encargouse de formar, organizar e dirixir o traballo creativo da rapazada. En breve poderedes escoitar os pódcasts resultantes do seu esforzo colectivo.
Durante o primeiro recreo, na sala B da biblioteca deu comezo o obradoiro de lectura dirixido ao alumnado de 1º, 2º e 3º EP, impartido pola profe Carmen. A cativada acolleu con entusiasmo esta sesión e xa está desexando volver gozar dela.
O luns iniciarase o obradoiro de lectura para o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP; baixo a batuta da profe Mercedes. Iremos contando...
Formación de usuarios e usuarias.
Esta semana estivemos coñecendo a fondo a biblioteca ! Aprendemos onde está cada sección, que significan os gomets de cores , como nos a...
-
No 25N non celebramos nada. É un día para lembrar que aínda queda moito por facer na loita contra a violencia de xénero . Na nosa bibliote...
-
Hoxe, 3 DE DECEMBRO , o alumnado de Infantil e Primaria pasou pola biblioteca para visibilizar o Día das Múltiples Capacidades . Primeiro, e...



