luns, 30 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas

O 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Aproveitando o lema deste ano das bibliotecas escolares de Galicia, engalanamos os expositores móbiles con exemplares de banda deseñada e novela gráfica.

Ademais, agasallamos todo o alumnado que acudiu á "Ramón Caride" durante a semana cos marcapáxinas debuxados por Naiara e Ana  na clase de Expresión Artística en homenaxe ao recordado Ibáñez.

Naiara imaxinou unha escena ao xeito das chambonadas de Pepe Gotera e Otilio; Ana debuxou un Mortadelo pensativo xunta un libro. Moitas grazas, rapazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A nosa Árbore da Igualdade medra polo 8M.

Con motivo do 8M  preparamos unha exposición de libros sobre mulleres inspiradoras . A partir destas lecturas, cada alumno e alumna escolleu...