martes, 7 de outubro de 2025

MALETA VIAXEIRA

Este mes temos unha pasaxeira moi especial no colexio: a maleta viaxeira da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia! Vén cargadiña de álbums de banda deseñada que farán parada en todas as clases de Primaria. Cada aula terá uns días para explorar as súas aventuras e deixarse levar polo mundo do cómic. 

Moitas grazas por este recurso que enriquece o noso proxecto lector! 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!

O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...