O deseño gañador do concurso de mascotas da biblioteca foi creado por Thiago González Viéitez, de 6º de EI. Non digades que non é ben riquiño...
E agora temos que buscarlle un nome de xeito. En cada clase, as titoras e titores organizarán a proposta individual e anónima de nomes, que serán votados posteriormente polo grupo; de forma que de cada aula nos chegará un nome á biblioteca. Entre eses nomes, elixirase o defintivo.
Quedou finalista o traballo de Maio García Piña, de 1º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario