Amosando publicacións coa etiqueta #bescolaresgal #DíadeRosalía23 #bibliotecaRamónCaride. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #bescolaresgal #DíadeRosalía23 #bibliotecaRamónCaride. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de febreiro de 2023

Días de Rosalía

Como a nosa Rosalía merece máis dun día, no Cole de Cea levamos traballando con ela todo o mes: creando chapas, facendo pasatempos, pintando pétalos cos seus versos para compor un gran cartel, traballando nun crebacabezas colaborativo, escoitando os seus poemas durante o timbre musical... E como colofón, asisitindo a un concerto de Sergio Tannus e Marta Bravo organizado polo EDL. E esta tarde, na hora de ler, recitaremos algúns dos seus textos.




Refráns

Velaí vai unha presa de refráns recollidos por Saleta entre os seus maiores. Algún non moi politicamente correcto, por certo.