Un libriño para botarlle un ollo aos fondos adquiridos de xaneiro a marzo na "Ramón Caride".
martes, 28 de marzo de 2023
mércores, 22 de marzo de 2023
21 de Marzo. Día Mundial da Poesía
O alumnado do Cole de Cea creou poemas de seu: unhas veces tomando como molde as estruturas de textos coñecidos (unha forma doada de comezar os pereiriños no mundo lírico) e outras partindo de cero.
As súas obras fican expostas no corredor próximo á biblioteca. Para apreciardes mellor algunhas das pezas, tendes máis abaixo varias imaxes (non de todos os traballos, porque a participación foi moita).
Laboratorio de Radio "Ramón Caride"
Antonte, 20 de marzo, contamos coa formación para a radio impartida por Sergio Pascual.
Logo dunhas dinámicas de grupo para romper o xeo e mais para aprender a importancia da respiración diafragmática, da escoita activa e do silencio, da sincronización e do traballo en equipo, imprescindíbeis na radio; o alumnado conseguiu elaborar un podcast con música, entrevistas (á profe Mercedes e o profe Pablo) e mesmo pequenas historias inventadas sobre eles.
sábado, 18 de marzo de 2023
Formación de radio
O próximo luns, o alumnado inscrito participará na xornada de formación de radio na sala B da biblioteca, polo que as actividades rutineiras dos luns nesas horas, realizaranse na sala A.
mércores, 15 de marzo de 2023
8M e Semana da Prensa
Na Semana da Prensa e no 8M realizamos diversas actividades que a seguir expoñemos.
Parte do alumnado asistiu na biblioteca á proxeción do filme "Os fenómenos", peza que combina humor e drama para afondar no problema da desigualdade de xénero, ao tempo que visibiliza moitos outros conflitos: a burbulla inmobiliaria, a especulación urbanística, a precariedade laboral, a economía somerxida, a xubilación forzada, a paternidade irresponsábel, a familia, o amor tóxico etc.
E seguindo coa Semana da Prensa e en colaboración co EDLG, na biblioteca expuxemos unha pequena mostra da revista "Bisbarra", con exemplares cedidos polo veciño e erudito interesado no noso, Evaristo Rodríguez.
luns, 27 de febreiro de 2023
Días de Rosalía
Como a nosa Rosalía merece máis dun día, no Cole de Cea levamos traballando con ela todo o mes: creando chapas, facendo pasatempos, pintando pétalos cos seus versos para compor un gran cartel, traballando nun crebacabezas colaborativo, escoitando os seus poemas durante o timbre musical... E como colofón, asisitindo a un concerto de Sergio Tannus e Marta Bravo organizado polo EDL. E esta tarde, na hora de ler, recitaremos algúns dos seus textos.
venres, 10 de febreiro de 2023
xoves, 9 de febreiro de 2023
Conto Contigo, Alfredo Carral
As familias son unha boa fonte de información para o noso alumnado, que acolle con interese e diversión as súas exposicións. Neste caso, o avó de Amaya e Jorge veu visitarnos o 3 de febreiro para compartir coa cativada o seu coñecemento sobre un elemento do noso acervo cultural: os cabaceiros.
Grazas, Alfredo!
venres, 3 de febreiro de 2023
#Candeloria
Pola Candeloria, o alumnado do Cole de Cea creou unha paxarada chea de refráns e versos de amor...
martes, 31 de xaneiro de 2023
martes, 17 de xaneiro de 2023
Fórmate no uso da plataforma Elbe-2
sábado, 10 de decembro de 2022
mércores, 7 de decembro de 2022
Tarxetas de Nadal
Se estás en Educación Primaria, escolle a túa tarxeta da biblioteca e engádelle un texto de bos desexos dunhas 20 palabras inspirado na ilustración. Tes variedade de modelos para escolleres.
sábado, 26 de novembro de 2022
luns, 21 de novembro de 2022
Escribir o medo
Sen tempo non foi, pero aquí tendes as creacións gañadoras dos concursos de Samaín organizados polo EDL en colaboración coa biblioteca.
EI: debuxo
EP: banda deseñadaPreparando o 25N
O vindeiro venres é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No seguinte vídeo explícannos por que o 25N e non outro día calquera...
domingo, 13 de novembro de 2022
A ciencia é o noso
luns, 7 de novembro de 2022
Como mola pasar mediño!
Os días 27 e 28 de outubro, co gallo da celebración do Samaín, o alumnado de 1º ESO leu dramatizadamente un conto de "medo" aos máis pequenos do cole, dentro do proxecto Conto Contigo e baixo a dirección da profe Ana.
O libro escollido foi "¡Como me mola tu escoba!", escrito por Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffler. Trátase dunha obra moi famosa, premiada en varias ocasións, traducida a moitísimos idiomas e mesmo adaptada ao cinema.
O libro narra as aventuras dunha simpática bruxa que vai perdendo cousas mentres voa, pero que as recupera a medida que vai gañando amigos. Unha historia rimada, divertida e, sobre todo, chea de valores, coa que grandes e pequenos o pasaron "de medo" nun día tan sinalado.
martes, 18 de outubro de 2022
Escribimos nas follas
venres, 14 de outubro de 2022
17 de Outubro. Día das Escritoras
Co gallo do seu día grande, 17 de Outubro este ano (todas as xornadas lles pertencen), amosamos unha pequena mostra do traballo dalgunhas das autoras que habitan as nosas salas no corredor que conduce á biblioteca.
A que campan ben?
mércores, 12 de outubro de 2022
In-formamos
Dentro das actividades da biblioteca "Ramón Caride" do inicio do curso, destacamos hoxe as relacionadas coa formación das persoas usuarias.
A profe Mercedes encargouse de impartir as xornadas formativas para o alumnado de EP, curso por curso.
Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!
O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...
-
Outubro chegou e trae consigo libros, cabazas e moita diversión! 🎃 No cole de Cea imos celebrar a Exposición de Cabazas Lectoras, onde os v...
-
No 25N non celebramos nada. É un día para lembrar que aínda queda moito por facer na loita contra a violencia de xénero . Na nosa bibliote...












%20(297%20%C3%97%20420mm)%20(1).png)










,%20que%20na%20s%C3%BAa%20extensa%20carreira%20profesional%20destacou%20por%20ser%20un%20referente%20no%20neoexpresionismo,%20polo%20p.png)


.png)














.png)


.png)
%20(1).png)






