Os días 27 e 28 de outubro, co gallo da celebración do Samaín, o alumnado de 1º ESO leu dramatizadamente un conto de "medo" aos máis pequenos do cole, dentro do proxecto Conto Contigo e baixo a dirección da profe Ana.
O libro escollido foi "¡Como me mola tu escoba!", escrito por Julia Donaldson e ilustrado por Axel Scheffler. Trátase dunha obra moi famosa, premiada en varias ocasións, traducida a moitísimos idiomas e mesmo adaptada ao cinema.
O libro narra as aventuras dunha simpática bruxa que vai perdendo cousas mentres voa, pero que as recupera a medida que vai gañando amigos. Unha historia rimada, divertida e, sobre todo, chea de valores, coa que grandes e pequenos o pasaron "de medo" nun día tan sinalado.
Proximamente publicaremos o resultado dos concursos literarios do Samaín organizados polo EDL e a Biblioteca. Estade atentxs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario