xoves, 30 de abril de 2020

#ContoContigo dende a casa. A profe Conchi conta "Adivina cuánto te quiero"

Dende a agora virtual #BibliotecaRamonCaride do Cole de Cea, a nosa querida profe Conchi cóntanos o conto "Adivina cuánto te quiero" dentro do proxecto #ContoContigo dende a casa. #aculturasegue #bibliotecasescolares



Velaquí o enlace:

#ContoContigo "Adivina cuánto te quiero" pola profe Conchi



martes, 28 de abril de 2020

#ContoContigo Fina Casalderrey

Encetamos o camiño do #ContoContigo desde a casa amadriñados pola escritora Fina Casalderrey que nos le "Soño en ser camelia" un poema do seu libro "Lúas de Nácara".
Unha honra para a #BibliotecaRamónCaride do Cole de Cea poder contar coa súa voz na estrea deste proxecto. Grazas, Fina."Soño con ser camelia" Fina Casalderrey 



Podedes escoitar e ver o poema nesta ligazón:

"Soño con ser camelia" Fina Casalderrey

venres, 24 de abril de 2020

#ContoContigo dende a casa

#ContoContigo desde a casa🤝

Debido á situación de pandemia que asolaga ao planeta e que nos impide acudir ao noso benqueridoCole de Cea a aprender un feixe de cousas e gozar cos nosos compañeiros e compañeiras, 💡cavilamos desde o Equipo de Tics, o Equipo de Biblioteca Biblioteca Ramón Caride e o Equipo de Dinamización Lingüística que os membros da comunidade escolar poderiamos achegar contos, poemas, historias, textos divulgativos, etc.

Farémolo así:

🔸1 Preferentemente en galego e poderanse empregar todos os recursos que se queiran para adobiar a gravación (vestimenta, efectos, música etc.)

🔸2 Grava un vídeo no que saias ti ou a túa voz contando un conto, un poema, compartindo un texto divulgativo etc. (duración máxima 5 mins.)

🔸3 Envíao a través da plataforma we transfer (www.wetransfer.com) ao enderezo electrónico: ticscea@gmail.com

🔸4 Compartirémolo nos perfís do cole para que chegue a moitos recunchos do planeta.

😃 Así pois animádevos a enviar os vosos videos para poder compartilos e facer que aínda que sexa virtualmente, nos sintamos máis preto.

Moito ánimo #contocontigo.

xoves, 23 de abril de 2020

Feliz Día do Libro dende a Biblioteca Ramón Caride

Hoxe é o #DíadoLibro📙 e temos unha sorpresa moi especial para o Cole de Cea. O noso benquerido #RamónCaride quixo agasallarnos cun saúdo agarimoso, un poema adicado ao día do libro e coa estrea en exclusiva para nós dun anaco do seu novo libro #VdeBestiario editado por Edicións Embora que conta coas ilustracións de Lois G. Magariños.
😍 Grazas, Ramón! Queremos verte pronto pola Biblioteca Ramón Caride

luns, 9 de marzo de 2020

#MesdaPoesía

#MesdaPoesía✒️

Despois do encontro con Paulo Fernández Mirás o pasado venres, que nos falou de #CarvalhoCalero, recibimos este xoves 12 de marzo a Roberto Sobrado e Quico Valeiras para ofrecernos o seu espectáculo de “Música e poesía” para a ESO e 5º e 6º de Primaria.

Tamén durante este mes exporanse os traballos realizados polas aulas participantes no certame#DaPazARosalía onde o alumnado escribiu versos que conectan ambas conmemoracións.

A Biblioteca Ramón Caride expón unha escolma de obras poéticas para todos os públicos e durante a semana posterior ao 21 acollerá lecturas continuadas de #poesía nas que poderá participar toda a comunidade educativa lendo algúns dos seus poemas favoritos. A lectura será gravada para formar parte dun novo programa de #RadioRoxar.






martes, 3 de marzo de 2020

O mes de Marzo #mesdapoesía. O 12 de Marzo "Música e Poesía"

Este mes de Marzo e co gallo da celebración do #DíaInternacionaldaPoesía o 21 deste mesmo mes, dende o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Ramón Caride do Cole de Cea, celebraremos o #MesDaPoesía con varas actividades. Unha delas é a visita do músico carballiñés Roberto Sobrado e do poeta de Arcos, Quico Valeiras.







venres, 28 de febreiro de 2020

Coñeceremos un pouco sobre a vida de Carvalho Calero

A vindeira semana estará Paulo Fernandes Mirás no Cole de Cea para falarnos da figura de Carvalho Calero , autor s quen se lle adican as #letrasgalegas 2020 



📚


venres, 14 de febreiro de 2020

Estreamos Radio Roxar polo #DíaMundialdaRadio

Feliz #DíadaRadio!😃
Onte 13 de febreiro, foio Día da Radio, e non podemos estar máis contentos porque... tachán tachán... estreamos RADIO ROXAR! A Radio Escolar do Cole de Cea co seu primeiro programa OLA MUNDO.
🎤 🎧 Con Nerea, Rocío e Uxía aos micrófonos e David no equipo técnico.
📻 Xa podes escoitalo en Soundcloud ou na app Ivoox para móbiles.
Neste primeiro programa falamos do Cole polo Clima, entrevistamos ao músico carballinés Roberto Sobrado grupo, á escritora Laura Novelle, falamos de ciencia, samaín, bibliotecas e moito máis!

Comezan as mochilas viaxeiras!

  As mochilas viaxeiras xa están listas para visitar os fogares e compartir momentos de lectura en familia. Este curso traen unha novidade...