xoves, 18 de decembro de 2025

VISITA DO APALPADOR!

Dende as montañas do Courel chegou o Apalpador á biblioteca do cole, onde pasaron os nenos e nenas de Infantil e Primaria para coñecelo e contarlle os seus desexos. 

A visita estivo moi ligada ao noso proxecto “Amamos os nosos bosques!”, lembrándonos a importancia de coidar a natureza e deixándonos unha mensaxe clara: querer os bosques é querernos a nós 💚




Ningún comentario:

Publicar un comentario

NOVIDADES NOVEMBRO 2026

 Xa están aquí as novidades da biblioteca! Achégate aos nosos andeis e descubre os últimos libros incorporados.