Onte tivemos
a sorte de recibir na nosa biblioteca a Gabriel Paz Otero, técnico
profesional de imaxe e son e especialista en creación audiovisual, con ampla
experiencia na produción técnica de programas de radio. O obradoiro estivo
dirixido ao alumnado de 5º de primaria, mentres que a formación para 2º
da ESO queda posposta ata o martes, debido á suspensión de clases polo
temporal.
Durante a
primeira parte, o alumnado coñeceu os aspectos técnicos dun programa de radio,
e despois deseñaron o seu propio programa, preparando a escaleta e o
contido, e creando eles mesmos os efectos de son. Finalmente, subiron á
radio para gravar unha simulación en directo na nosa emisora Radio
Roxar, vivindo de primeira man a experiencia de ser locutores por un día.
Cando
teñamos a producción maquetada, subiremos o programa completo ao blog
para que todas poidades escoitalo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario