martes, 2 de abril de 2024

A todo Risco, Con Avelino González

O próximo luns, o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO coñecerá gozando -gozará coñecendo- algunhas facetas de Vicente Risco e a súa época, da man (e da voz) do versátil e retranqueiro actor galego Avelino González.

Esta actividade chega ao noso cole por cortesía da Fundación Vicente Risco, coa que colaboramos na creación dos podcasts radiofónicos "A son de Risco".


Ningún comentario:

Publicar un comentario

LETRAS GALEGAS

Na nosa biblioteca celebramos con moita ilusión o Día das Letras Galegas coa nosa marabillosa festa do SERÁN, unha xornada chea de música, ...