sábado, 23 de marzo de 2024

21 de Marzo. Día da Poesía, a Árbore e a Auga

O pasado xoves celebramos o Día da Poesía, a Árbore e a Auga nun espazo que mestura harmoniosamente a natureza e a arte: a Insua dos Poetas, en Madarnás (O Carballiño).

Alí, os centros escolares participantes presentaron diferentes actuacións: poemas, cancións e baile. A nosa achega correu da man de Ana, Anxo e Uxía -alumnado do Obradoiro de Lectura do noso cole- que recitaron á perfección o poema "O castiñeiro", de Manuel María.

Posteriormente, a rapazada contribuíu á mellora da contorna colaborando na plantación de árbores autóctonas, que convivirán pacificamente no lugar coas esculturas que o engalanan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Se eu fose autor

No Día do Teatro, unha "cousa" de Castelao que reflicte como o autor entendía e manexaba á perfección o concepto de público albo e...