venres, 12 de marzo de 2021

Celebramos o día de Rosalía

 Celebramos o día de Rosalía traballando con bibliografía escolleita na nosa biblioteca 📚 onde representamos de éxito gráfico a importancia de Rosalía De Castro para as nosas letras e cultura.


Amais do concerto realizado por Sergio Tannus e Marta Bravo onde se interpretaron varias pezas do libro-disco “Rosalía Pequeniña”, o alumnado levou a cabo lecturas reflexivas de parte da obra da autora. Os grupos de educación infantil confeccionaron máscaras con faciana de Rosalía para conmemorar tan senlleira data.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día de Rosalía

Este ano no Cole de Cea celebramos o Día de Rosalía con varias actividades. Entre elas: unha canción creada polo profe de música Michel, un ...