luns, 22 de marzo de 2021

Mes da poesía . Certame de Haikus e Caligramas no cole de Cea.

 Para conmemorar o mes de Marzo como o #mesdapoesía e celebrar a chegada da primavera, convocamos dende a Biblioteca Ramón Caride do Cole De Cea, un certame de Haikus e Caligramas. 







martes, 16 de marzo de 2021

A onde viaxache cun libro?


 A ONDE VIAXACHE CUN LIBRO?


Este ano o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia propóñennos o lema de “Xeografías Lectoras”co que se pretende establecer as bibliotecas escolares como fonte de información e dinamización no afondamento e coñecemento doutros países e culturas. Procurarase así poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. 

Tendo en conta o contexto de incerteza no que vivimos mergullad@s actualmente, propuxemos viaxar a través das páxinas dos libros e procurar lecturas que nos transportasen imaxinariamente a outras latitudes físicas. Así naceu o nosos proxecto #DaAantártidaaVietnam noemado así coma unha homenaxe a Ramón Caride e a Graham Greene dous autores vencellados coa nosa contorna que levaron a súa obra a senllleiros e alongados territorios. 

Esta actividade recibiu o nome de "A onde viaxache cun libro?" parte do noso alumnado contounos a onde viaxou a través das páxinas dos libros. 

Velaquí os videos e feliz viaxe! 




venres, 12 de marzo de 2021

Celebramos o día de Rosalía

 Celebramos o día de Rosalía traballando con bibliografía escolleita na nosa biblioteca 📚 onde representamos de éxito gráfico a importancia de Rosalía De Castro para as nosas letras e cultura.


Amais do concerto realizado por Sergio Tannus e Marta Bravo onde se interpretaron varias pezas do libro-disco “Rosalía Pequeniña”, o alumnado levou a cabo lecturas reflexivas de parte da obra da autora. Os grupos de educación infantil confeccionaron máscaras con faciana de Rosalía para conmemorar tan senlleira data.



venres, 19 de febreiro de 2021

"Da Antártida a Vietnam. Xeografías lectoras na BIblioteca Ramón Caride"

Tomando como punto de partida o lema das Bibliotecas Escolares "Xeografías Lectoras" temos pensado desenvolver o proxecto de dinamización da lectura "Da Antártida a Vietnam. Xeografías Lectoras na biblioteca Ramón Caride".


Como primeira actividade propoñemos "A onde viaxache cun libro?. Pode participar toda a comunidade educativa facendo unha recensión ou breve comentario sobre un libro ambientado noutra latitude xeográfica diferente á que se atopa o lector ou lectoia. As bases están recollidas nestas imaxes que adxunto e que podedes partillar co alumnado das vosas titorías para darlle diufusión.

Animádevos a participar.

Unha aperta. 





xoves, 18 de febreiro de 2021

Radio Roxar- Día Mundial da Radio 2021

 Sábado de #Entroido foi tamén o #DíaMundialdaRadio.

📻
Estreamos un novo programa da #RadioRoxar co alumnado de 2º de ESO.
Nel falamos moito de bosques, facéndonos eco do artigo publicado na revista Nature que ofrece datos alarmantes sobre o estado das masas forestais galegas.🌳🌳🌳
Escoitamos moita música:
Margarida Mariño - Cellist
,
Abe Rábade
e
Davide Salvado
, Bebe,
Os Amigos dos Músicos
, O Himno da Vida...🎶🎶🎶
E reseñamos a curta "Sálvora" de Rita Dosil e o conto "O home que prantaba árbores" do autor francés Jean Giono.





Concerto didáctico polo #DíadeRosalía

 Os centros da comarca do Carballiño organizamos concerto didáctico virtual do #SérgioTannus🎸con Marta Bravo🎤 polo #DíadeRosalía🌹.

⚪️🔵⚪🔵
Co Sérgio Tannus, Marta Repenica, CPI Antonio Faílde de Cambeo,
CEIP Xuvencos Boborás
, CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo, CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo,
Biblioteca Ramón Caride
, EDL do
Cole de Cea
e a colaboración d'
A Arca da Noe
.



sábado, 30 de xaneiro de 2021

Día da escolar da paz e a non violencia ☮️ dende a Biblioteca Ramón Caride



 ☮️📚 Dende a Biblioteca Ramón Caride do Cole de Cea, conmemoramos a celebración desde día tan importante levando a cabo unha escolma de lecturas sobre a paz dentro da propia biblioteca, asemade tamén realizamos unha selección de frases significativas de importantes figuras da historia, que dalgún xeito contribuíron a rexeitar a violencia e a promover a paz. 


☮️A nivel de centro traballouse transversalmente a paz ✌️ arredor do mundo 🌍 atravesando os lindes fronteirizos coa realización dun mural onde se entrelazan as banderas de diferentes países. 

☮️📖 Traballouse co libro de Ramón Caride (autor que lle da nome á nosa biblioteca) “A pomba dona Paz” 🕊. O alumnado confeccionou unhas pingas da Paz , con verbas vencelladas coa  ☮️ paz e a convivencia.











☮️📖 🎶 Traballouse co libro-disco “A nena e o grilo” 👧 🦗 de Magín Blanco 🎸 confeccionandoun vídeo sobre a canción “Rumba das apertas” cos debuxos do propio alumnado. 

Podedes ver o vídeo premendo nesta imaxe:  




https://www.youtube.com/watch?v=KsYGEhEbReI






xoves, 15 de outubro de 2020

Día das Escritoras 2020

 Hoxe é o Día das Escritoras , que se celebrará o vindeiro día 19 de Outubro. Dende o noso blog da Biblioteca Ramón Caride, compartimos unha escolma de textos escritos por mulleres para que poidades darlles lectura e subliñar a importancia deste día.  Este ano celébrase baixo o lema, "o esforzo cotián das mulleres". 

Podes premer neste enlace para acceder á Escolma de textos de escritoras





martes, 22 de setembro de 2020

Curso 2020-21 na Biblioteca Ramón Caride

 En Outubro encomezaremos empregar a Bblioteca Ramón Caride, con algunhas modificacións en canto a espazos, procedementos de uso e modalidades de empréstito. Este será un curso excepcionalmente atípico, porén, trataremos de seguir espallando a lectura e o devezo polos libros no noso alumnado como alternativa de ocio e fonte inesgotable de saber. 

#BibliotecaRamonCaride #besgalAbertas




venres, 19 de xuño de 2020

Recomendacións Lectoras para o verán dende a Biblioteca Ramón Caride.


Chegan as vacacións. Bo momento tamén para deixarse acompañar por unha boa lectura. Por iso a Biblioteca Ramón Cariderecoméndanos #LibrosparaoVerán📚
Para todas as idades, para todos os lectores, para todos os gustos 💖 Fai que voe a túa imaxinación!






Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!

O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...