☮️📚 Dende a Biblioteca Ramón Caride do Cole de Cea, conmemoramos a celebración desde día tan importante levando a cabo unha escolma de lecturas sobre a paz dentro da propia biblioteca, asemade tamén realizamos unha selección de frases significativas de importantes figuras da historia, que dalgún xeito contribuíron a rexeitar a violencia e a promover a paz.
☮️A nivel de centro traballouse transversalmente a paz ✌️ arredor do mundo 🌍 atravesando os lindes fronteirizos coa realización dun mural onde se entrelazan as banderas de diferentes países.
☮️📖 Traballouse co libro de Ramón Caride (autor que lle da nome á nosa biblioteca) “A pomba dona Paz” 🕊. O alumnado confeccionou unhas pingas da Paz , con verbas vencelladas coa ☮️ paz e a convivencia.
☮️📖 🎶 Traballouse co libro-disco “A nena e o grilo” 👧 🦗 de Magín Blanco 🎸 confeccionandoun vídeo sobre a canción “Rumba das apertas” cos debuxos do propio alumnado.
Podedes ver o vídeo premendo nesta imaxe:
https://www.youtube.com/watch?v=KsYGEhEbReI
Ningún comentario:
Publicar un comentario