mércores, 27 de abril de 2022

Día do Libro no Cole de Cea

Co gallo do Día do Libro, a biblioteca agasallou os membros do alumnado do Cole de Cea con cadanseu libro.

Pola súa parte, a rapazada contribuíu ao embelecemento da escola achegando libriños de creación artesá, con textos literarios ou científicos orixinais e mais con marcapáxinas ben fermosos.

Moitas grazas, artistas!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

CON VOZ DE LIBROS!

Como o curso vai chegando ao seu fin e a biblioteca comeza a preparar o peche deste ano, quixemos dedicar un programa moi especial aos seus ...