xoves, 23 de outubro de 2025

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS


Mañá, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas
esta data escolleuse en lembranza da destrución da Biblioteca Nacional de Sarajevo en 1992, un recordatorio de que os libros e a cultura son tesouros que debemos protexer.

Para festexalo, poñemos en marcha as nosas mochilas viaxeiras!






Cada mochila contén unha pequena selección de libros, revistas e materiais para gozar en familia. Irán viaxando polas casas do alumnado para que todos poidamos compartir o pracer da lectura máis alá da escola.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!

O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...