mércores, 28 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

Este ano no Cole de Cea celebramos o Día de Rosalía con varias actividades. Entre elas: unha canción creada polo profe de música Michel, un kamishibai sobre a vida da autora interpretado polo alumnado de 4º EP e a creación de carteis con pictogramas ou linguaxe visual traducindo poemas de "Cantares gallegos".

Na biblioteca foron expostos os carteis ilustrados de todas as clases, que foron agasalladas con premios ben xeitosos para o seu uso compartido. Asemade, as fiestras luciron as Rosalías creadas na impresora 3D polo equipo de Polos Creativos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario