martes, 25 de xaneiro de 2022
Últimas adquisicións
sábado, 22 de xaneiro de 2022
O cachiño de MB
martes, 21 de decembro de 2021
Comparte o teu cachiño por correo-e
Sexas estudante, profe ou persoal non docente, comparte o teu cachiño especial dun libro. Toma nota do enderezo-e da túa biblioteca.
sábado, 18 de decembro de 2021
venres, 17 de decembro de 2021
Temos correo!
Esta mañá recibimos un agasallo inesperado: unha postal de María García Vázquez, alumna de 5º de EP do cole de Xuvencos. Se queredes vela, picade no vídeo.
martes, 14 de decembro de 2021
Comparte o teu cachiño
domingo, 5 de decembro de 2021
mércores, 1 de decembro de 2021
"La puñalada" de Pardo Bazán na voz da mocidade
Parte do alumnado de 4º ESO realizou unha lectura dramatizada do relato da escritora co gallo do 25N, que podes escoitar aquí.
venres, 26 de novembro de 2021
25N poemando con Celso Emilio Ferreiro
luns, 15 de novembro de 2021
luns, 8 de novembro de 2021
xoves, 4 de novembro de 2021
A Biblioteca comeza a tomar vida.
Xa temos ao noso pequeno lectorado empregando as instalacións da Biblioteca Ramón Caride. Andan procurando libros para levar a casa en empréstito e mergullarse na lectura no tempo de lecer. Porén, como non hai tempo que perder, calquera intre é axeitado para deixarse acompañar pola maxia dun bo libro.
Felices lecturas!
venres, 29 de outubro de 2021
Benvidos, ósos!
Hoxe chegounos unha sorpresa á biblioteca, da man de Breogán Reboredo Guntín, alumno de 6º de EP: unhas vértebras de golfiño.
Como están a estudar os ósos coa mestra Mercedes, o rapaz quixo compartir coa clase un fragmento do espiñazo dun cetáceo atopado na illa de Sálvora, onde traballa súa nai, María Rosa.
Velaquí o tendes, suxeitando o fragmento do esqueleto do delfín. Aínda que vexades o mociño ensanguentado, non pensedes que foi o causante da morte do mamífero acuático; non tal. Évos que hoxe cadrou a pseudofesta previa ao Samaín do cole e por iso campaba un chisco tétrico baixo a perruca de trenzas.
Habemos buscarlle a este agasallo un acubillo de xeito na biblioteca, para que quen quixer poida contemplar de preto este anaco verdadeiro de columna vertebral recollido no noso litoral (houbo quen, ao velo, pensou que formaba parte da entroidada do día, pero non).
Graciñas, Breogán!
venres, 22 de outubro de 2021
luns, 28 de xuño de 2021
Recomendacións lectoras para o tempo do estío.
mércores, 19 de maio de 2021
Viaxe Literaria Solidaria : troco de libros por alimentos.
martes, 4 de maio de 2021
Viaxe Literaria Solidaria
A Biblioteca Ramón Caride e
o Cole de Cea, en colaboración coa Biblioteca Pública de
Ourense NÓS e a Cruz Vermella do Carballiño poñen en marcha un proxecto de
intercambio de libros por alimentos non perecedoiros. 🥨🔁
Darémoslle
unha segunda ou terceira vida aos libros da nosa biblio a cambio dun quilo de
arroz, dun quilo de pasta, dun paquete de conservas ou outros alimentos non
perecedoiros que teñamos na casa. Preferentemente doazón de alimentos
destinados á infancia (sobre todo almorzos e merendas): leite enteiro,
bolachas, potitos, leite en pó, froita en almibre, chocolate, etc.
🔁
É
o momento de ser solidarios con aqueles que precisan da nosa axuda. Doando os
teus alimentos non só levas un libro para a casa senón tamén colaboras con
aquelas persoas e familias que máis o precisan. 🥖🔁
Para
facilitar a organización estes son os días asignados para que traiades os vosos
alimentos: Luns 10 ➡️ 2º e 3º ESO
Martes 11 ➡️ 1º e 4º ESO
Mércores 12 ➡️ 1º, 2º, 3º e 4º
Primaria Xoves 13 ➡️ 5º e 6º
Primaria e 4º, 5º e 6º Infantil
martes, 27 de abril de 2021
CREAcción no Día do Libro 2021 " Haikus e Caligramas" no Cole de Cea
luns, 26 de abril de 2021
Día do Libro 2021 na BIblioteca Ramón Caride- Presentación do Pasaporte Lector
Dende a Biblioteca Ramón Caride do Cole de Cea, botamos a andar unha nova actividade dentro do noso proxecto titulado “Xeografías lectoras: Da Antártida a Vietnam”.
Esta actividade nomease “Pasaporte Lector” e servirá para testemuñar as lecturas que cada alumno ou alumna leve a cabo con libros da nosa Biblioteca Escolar ou da Biblioteca de Aula.
Os pasaportes teñen cadros
para completar cuns
selos temáticos que recollen diferentes monumentos encadrados no
Camiño de Santiago (Vía da Prata). Por cada lectura que completes
obterás un selo. Reúne un número de selos e obterás un agasallo.
Faite co teu pasaporte.
Completa os teus datos persoais (Nome e apelidos, tamén o número de pasaporte que se corresponderá co teu nomero de socio/a da biblioteca).
Consegue exemplares de selos a cambio dunha lectura realizada.
Completa o número de lecturas mínimo que conveñades na vosa aula coa titora ou titor.
Faite cun agasallo de premio pola túa fidelidade lectora.
FELICES LECTURAS...
luns, 22 de marzo de 2021
Mes da poesía . Certame de Haikus e Caligramas no cole de Cea.
Para conmemorar o mes de Marzo como o #mesdapoesía e celebrar a chegada da primavera, convocamos dende a Biblioteca Ramón Caride do Cole De Cea, un certame de Haikus e Caligramas.
martes, 16 de marzo de 2021
A onde viaxache cun libro?
A ONDE VIAXACHE CUN LIBRO?
Este ano o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia propóñennos o lema de “Xeografías Lectoras”co que se pretende establecer as bibliotecas escolares como fonte de información e dinamización no afondamento e coñecemento doutros países e culturas. Procurarase así poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.
Tendo en conta o contexto de incerteza no que vivimos mergullad@s actualmente, propuxemos viaxar a través das páxinas dos libros e procurar lecturas que nos transportasen imaxinariamente a outras latitudes físicas. Así naceu o nosos proxecto #DaAantártidaaVietnam noemado así coma unha homenaxe a Ramón Caride e a Graham Greene dous autores vencellados coa nosa contorna que levaron a súa obra a senllleiros e alongados territorios.
Esta actividade recibiu o nome de "A onde viaxache cun libro?" parte do noso alumnado contounos a onde viaxou a través das páxinas dos libros.
Velaquí os videos e feliz viaxe!
venres, 12 de marzo de 2021
Celebramos o día de Rosalía
Celebramos o día de Rosalía traballando con bibliografía escolleita na nosa biblioteca 📚 onde representamos de éxito gráfico a importancia de Rosalía De Castro para as nosas letras e cultura.
venres, 19 de febreiro de 2021
"Da Antártida a Vietnam. Xeografías lectoras na BIblioteca Ramón Caride"
Tomando como punto de partida o lema das Bibliotecas Escolares "Xeografías Lectoras" temos pensado desenvolver o proxecto de dinamización da lectura "Da Antártida a Vietnam. Xeografías Lectoras na biblioteca Ramón Caride".
Como primeira actividade propoñemos "A onde viaxache cun libro?. Pode participar toda a comunidade educativa facendo unha recensión ou breve comentario sobre un libro ambientado noutra latitude xeográfica diferente á que se atopa o lector ou lectoia. As bases están recollidas nestas imaxes que adxunto e que podedes partillar co alumnado das vosas titorías para darlle diufusión.
Animádevos a participar.
Unha aperta.
xoves, 18 de febreiro de 2021
Radio Roxar- Día Mundial da Radio 2021
Sábado de #Entroido foi tamén o #DíaMundialdaRadio.
Concerto didáctico polo #DíadeRosalía
Os centros da comarca do Carballiño organizamos concerto didáctico virtual do #SérgioTannus
con Marta Bravo
polo #DíadeRosalía
.
Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!
O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...
-
Outubro chegou e trae consigo libros, cabazas e moita diversión! 🎃 No cole de Cea imos celebrar a Exposición de Cabazas Lectoras, onde os v...
-
No 25N non celebramos nada. É un día para lembrar que aínda queda moito por facer na loita contra a violencia de xénero . Na nosa bibliote...

















