venres, 28 de febreiro de 2020

Coñeceremos un pouco sobre a vida de Carvalho Calero

A vindeira semana estará Paulo Fernandes Mirás no Cole de Cea para falarnos da figura de Carvalho Calero , autor s quen se lle adican as #letrasgalegas 2020 



📚


venres, 14 de febreiro de 2020

Estreamos Radio Roxar polo #DíaMundialdaRadio

Feliz #DíadaRadio!😃
Onte 13 de febreiro, foio Día da Radio, e non podemos estar máis contentos porque... tachán tachán... estreamos RADIO ROXAR! A Radio Escolar do Cole de Cea co seu primeiro programa OLA MUNDO.
🎤 🎧 Con Nerea, Rocío e Uxía aos micrófonos e David no equipo técnico.
📻 Xa podes escoitalo en Soundcloud ou na app Ivoox para móbiles.
Neste primeiro programa falamos do Cole polo Clima, entrevistamos ao músico carballinés Roberto Sobrado grupo, á escritora Laura Novelle, falamos de ciencia, samaín, bibliotecas e moito máis!

venres, 31 de xaneiro de 2020

Día da Paz e Rosalía




Dende o equipo da Biblioteca Ramón Caride e o Equipo de Dinamización Lingüística do Cole de Cea, convidámosvos a participar na celebración de tan senlleiras datas.
1. Cada clase poderá participar escribindo cantos poemas desexe en cartolina de xeito cooperativo entre o alumnado.
2. Todos os traballos poderán ir acompañados de debuxos para ilustrar os versos.
3. A temática sobre a que deben versar os traballos, abranguerá temas como: a paz, o respecto, a igualdade, a tolerancia ou a diversidade.
4. O prazo para participar abrirase o Día da Paz (30 de Xaneiro) e pecharase o Día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro).
5. Cada aula participante recibirá un agasallo.


luns, 27 de xaneiro de 2020

Día da Paz 2020




Na semana da ☮️Paz☮️ no Cole de Cea aBiblioteca Ramón Caride énchese de referencias que fomentan valores como a tolerancia, o respecto, a paz...
Para ler ou levar a casa.
📚📚📚📚



xoves, 19 de decembro de 2019

Lecturas Recomendadas para o Nadal

Dende a Biblioteca Ramón Caride e o Equipo de Dinamización Lingüística do Cole de Cea escollimos unhas lecturas recomendadas para o Nadal 🎄...feliz Nadal e felices lecturas

Foto de Cole de Cea.



Foto de Cole de Cea.


Foto de Cole de Cea.

martes, 10 de decembro de 2019

Anxo Moure visita a Biblioteca do noso cole coas historias do Apalpador






☃️Xa chegou o día grandeee⛄️
☃️que contou o apalpadoree⛄️Algunhas fotos da visita do Apalpador
☃️veu á nosa bibliotecaaa⛄️
☃️trouxo risas e ilusioneee⛄️
#Apalpador na Biblioteca Ramón Caride

Algunhas fotos

https://photos.google.com/share/AF1QipM4TndGFxmajpCYnUe-teF8p-xaAvyUzhf8LdI1Ep8_NagucwF_oSLOjwCa3wKEmg?key=UTZiZ2w3WEdKMnI2RFNndk04ZnpBcVgxU2cwbUh3

mércores, 4 de decembro de 2019

Actividades polo mes da ciencia en galego na biblioteca



Para conmemorar o mes da ciencia en galego na biblioteca escolar, realizamos un feixe de actividades:







-Experimenta-cea:
Experiementos que nos amosaron as propiedades que poden ter os limóns para a condución da electricidade, confección de lámpadas de lava, e erupción dun volcán ou tingudo de flores a través da mestura de compostos de pigmentación.
O alumnado da ESO guía ao de primaria na realización dos seus primeiros experimentos.

-Maxia-cea:
Realizamos uns xogos matemáticos baseados no sistema binario e nas sumas para adiviñar un número ou unha personaxe. Os xogos estaban relacionados coas mulleres matemáticas, con Harry Potter, Star Wars, I-ching e a data de nacemento de cada quen.
Fixémolo a través de grupos compostos por cinco persoas, que rotaban a través das distintas actividades.

-Neuro-cea:
Actividade na que se explica as capacidades do noso cerebro, os tipos de memoria, os métodos e xeitos de aprendizaxe e realízanse dúas experiencias nas que o alumnado descubre como memoriza o seu cerebro.

-Bio-elas:
Dramataización da biografía de mulleres que tiveron un papel salientable no mundo da ciencia ao longo da historia: Mrie, Curie Rosalind Franklin e Henriete Leavitt. Reflexión sobre o papel da muller na ciencia ao longo da historia, venecellando o contido coas conmemoracións polo 25-N-.



Velaquí a ligazón das fotos: 

https://photos.google.com/share/AF1QipOxRDlDtBiEI9R6w5vAuc1Tsus_c479PNiYIEPs70-J3LZLA8oFRTzzwU1BzVXEkA?key=TXdVS3Y5cS1kOW0zTVViekhjQjJWWmZXSDc2Y3J3


#maxiaCea #neuroCea #Bio_Elas #ExperimentaCea


mércores, 27 de novembro de 2019

Conmemorando o 25 de Novembro no Cole de Cea

#25N ♀️
Con motivo da celebración do 25N os nenos e nenas de 1° e 2° de EP escoitaron o conto #ABandadeRaimunda do noso profesor Pablo Nogueira.
Tamén crearon a #cealeta📣🟣 (CEA+VIOLETA) quen co seu megáfono deu máis forza ás súas voces para deixar claro o manifesto contra a violencia e expresaron coa canción 🎵 La puerta violeta🎵 a súa postura ante a violencia:
Non é non!

Velaquí tedes fotos e videos da nosa conmemoración polo 25 de Novembro. Premede no link de abaixo para acceder: 



venres, 22 de novembro de 2019

Actividades programadas para a vindeira semana, dentro das conmemoracións polo #mesdacienciaengalego dentro da Biblioteca Escolar

🧪 Novembro é o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
🧬O Cole de Cea programa actividades na súa #SemanadaCienciaenGalegonasBibliotecas🔭


🗓 Mart26N
🔬 Experimenta-Cea O alumnado da ESO guía ao de primaria na realización dos seus primeiros experimentos científicos.
🗓 Merc27N
👩🏻‍🔬 Bio_Elas Dramatización da biografía de mulleres que tiveron un papel salientable no mundo da ciencia ao longo da historia: Marie Curie, Rosalind Franklin e Henrielte Leavitt.
🧠 NeuroCea Queres saber como funciona o teu cerebro?
🎩MaxiaCea A Ciencia pode ser algo máxico.
🗓 Ven29N
🎩 MaxiaCea A Ciencia pode ser algo máxico.

luns, 18 de novembro de 2019

Mes de Novembro: Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares.



Temos un feixe de actividades preparadas para o mes de Novembro, que será o mes da ciencia en
Galego nas Bibliotecas Escolares.

Ficade atent@s ao noso blog.









luns, 28 de outubro de 2019

Algunhas fotos máis do #díadabiblioteca

Aquí tedes algunhas fotos máis para ampliar o retrato gráfico do que foi o Día das Bibliotecas no cole de Cea.

O xoves 24 de Outubro foi unha xornada estupenda para o Cole de Cea coa celebración do #díadaabibliotecas. As pequenas do cole enredaron cos contos de Celtia Figueiras. E o alumnado da ESO recibiu unha auténtica lección vital e de superación por parte de Laura Novelle , dentro do marco do que é unha biblioteca inclusiva. Moitas grazas por acompañarnos e #felizdíadasbibliotecas 📚

luns, 21 de outubro de 2019

Pregón para conmemorar o #díadabiblioteca 2019


                                                   “A SEN CONTO”


Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo 
príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a 
devolvese á vida; nin que a salvase da explotación 
infantil,non quería esconderse na casa dos sete ananiños 
e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. 
Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; 
nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. 
Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, 
por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.

E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, 
correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha 
sen conto.
Era unha sen libro, unha sen papeis,non a querían en ningures.

Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. 
Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, 
e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, 
de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre,
xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o
razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo 
mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se 
aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas
con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis 
débiles.

Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto 
seguro,o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges:
un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera
Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos 
máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a 
transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; 
unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, 
como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba 
ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.

Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, 
das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser 
princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida 
aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, 
de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.


Autora: Gemma Pascual

Tradución: Héctor Cajaraville

venres, 18 de outubro de 2019

Orixe da celebración do #díadabiblioteca no 24 de Outubro .








Por que se celebra o 



#24deOutubro 


o



#díadabiblioteca?


Dende o ano 1997, o 24 de Outubro foi escolleito coma o Día da Biblioteca. A proposta xurdiu da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública, a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores e lectoras de todas as idades coa cultura, e tamén como unha ferramenta de mellora da formación e a convivencia humana.

Con elo, preténdese educadar a nen@s e maiores sobre os valores da lectura e cultura que se pode atopar nunha biblioteca e salientar a labor das bibliotecas como centros de integración e socialización que demostran decote que os libros están ao alcance de todas as persoas que teñan a vontade de se mergullar nas súas páxinas.

Fonte: libreriaolacacia.com






  O músico bosnioherzegovino Vedran Smailović tocando o seu violonchelo entre os cascallos da Biblioteca de Saraxevo, como acto de resistencia pacífica e para realizar unha chamada de atención ao resto do mundo.


Fonte: reddebibliotecas.org




Últimas novidades da biblioteca... e recomendacións para o verán!

O curso está chegando á súa fin e, antes de despedirnos, queremos compartir convosco as últimas novidades que chegaron á biblioteca. Novas h...