sábado, 23 de marzo de 2024

21 de Marzo. Día da Poesía, a Árbore e a Auga

O pasado xoves celebramos o Día da Poesía, a Árbore e a Auga nun espazo que mestura harmoniosamente a natureza e a arte: a Insua dos Poetas, en Madarnás (O Carballiño).

Alí, os centros escolares participantes presentaron diferentes actuacións: poemas, cancións e baile. A nosa achega correu da man de Ana, Anxo e Uxía -alumnado do Obradoiro de Lectura do noso cole- que recitaron á perfección o poema "O castiñeiro", de Manuel María.

Posteriormente, a rapazada contribuíu á mellora da contorna colaborando na plantación de árbores autóctonas, que convivirán pacificamente no lugar coas esculturas que o engalanan.

venres, 8 de marzo de 2024

8M. As mulleres contan

Desde a biblioteca "Ramón Caride", convidámosvos a ler nesta data o libro dalgunha escritora. Expuxemos algúns nos corredores, pero lembra que na biblio hai moitos máis.


venres, 1 de marzo de 2024

Gernika

O profesorado do Cole de Cea conseguiu completar o crebacabezas do Gernika. Non foi para o 30 de Xaneiro, Día da Paz, pero foi. 

Do de Ucraína, Gaza, Sudán... xa non nos responsabilizamos.



Refráns

Velaí vai unha presa de refráns recollidos por Saleta entre os seus maiores. Algún non moi politicamente correcto, por certo.