Queremos dar as grazas a Vanessa, mamá de Alexandra (6ª EI) e Gael (5ªEI), polo seu fermoso agasallo: unhas pantasmas feitas por ela mesma que encheron de misterio a nosa biblioteca.
Pasámolo xenial!!
Queremos dar as grazas a Vanessa, mamá de Alexandra (6ª EI) e Gael (5ªEI), polo seu fermoso agasallo: unhas pantasmas feitas por ela mesma que encheron de misterio a nosa biblioteca.
Pasámolo xenial!!
Grazas, familias, por poñer tanto cariño, creatividade e humor nas vosas cabazas lectoras.
Tivemos de todo: cabazas con lentes, cabazas con medo, cabazas que semellan saídas dun conto... e mesmo algunha que merecería un contrato editorial!
Noraboa a todos e todas!
Mañá, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, esta data escolleuse en lembranza da destrución da Biblioteca Nacional de Sarajevo en 1992, un recordatorio de que os libros e a cultura son tesouros que debemos protexer.
Para festexalo, poñemos en marcha as nosas mochilas viaxeiras!
O Samaín xa está aquí e a biblioteca énchese de misterio! Preparamos unha selección de lecturas arrepiantes con novas adquisicións e tamén cos nosos clásicos máis terroríficos.
Atréveste a levalos en préstamo?!
Outubro chegou e trae consigo libros, cabazas e moita diversión! 🎃
No cole de Cea imos celebrar a Exposición de Cabazas Lectoras, onde os vosos personaxes favoritos cobrarán vida de xeito creativo. Podedes decorar a vosa cabaza inspirándovos nun libro, unha historia ou un personaxe que vos guste.
Lembrade: as cabazas non se poden baleirar e deben vir acompañadas dunha ficha co título, o autor/a e unha frase que explique a relación co libro.
Preparade pinceis, cores e moita ilusión, e sorprendédenos coas vosas creacións!
Este mes temos unha pasaxeira moi especial no colexio: a maleta viaxeira da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia! Vén cargadiña de álbums de banda deseñada que farán parada en todas as clases de Primaria. Cada aula terá uns días para explorar as súas aventuras e deixarse levar polo mundo do cómic.
Moitas grazas por este recurso que enriquece o noso proxecto lector!
Queremos dar as grazas a Vanessa , mamá de Alexandra (6ª EI) e Gael (5ªEI), polo seu fermoso agasallo: unhas pantasmas feitas por ela mesma ...