xoves, 18 de decembro de 2025

VISITA DO APALPADOR!

Dende as montañas do Courel chegou o Apalpador á biblioteca do cole, onde pasaron os nenos e nenas de Infantil e Primaria para coñecelo e contarlle os seus desexos. 

A visita estivo moi ligada ao noso proxecto Amamos os nosos bosques!, lembrándonos a importancia de coidar a natureza e deixándonos unha mensaxe clara: querer os bosques é querernos a nós 💚




luns, 15 de decembro de 2025

A radio visitou a nosa biblioteca!

O xoves pasado visitounos o programa de radio Fala que Fala. Pasámolo xenial con xogos, entrevistas e moita participación do alumnado.

Unha experiencia moi positiva para a dinamización do galego.

Encantadas de participar!






martes, 9 de decembro de 2025

BIBLIO TROCO SOLIDARIO

Doa 1 kg de alimentos non perecedoiros e leva un libro da biblioteca. Pequenos xestos, grandes cambios. 💛





mércores, 3 de decembro de 2025

Día das Múltiples Capacidades na Biblioteca

Hoxe, 3 DE DECEMBRO, o alumnado de Infantil e Primaria pasou pola biblioteca para visibilizar o Día das Múltiples Capacidades.

Primeiro, escoitamos o conto “Por 4 esquinitas de nada”, que nos fixo entender que o importantenon é encaixar, senón adaptar o mundo para que todas as persoas poidan participar.


Entre todos e todas fixemos tamén unha exposición de bolboretas, cada unha destacando unha

capacidade diferente. Un xeito visual e sinxelo de lembrar que todos temos algo que achegar.


Para completar a actividade, preparamos unha exposición de libros relacionados co tema, 

dispoñibles para quen queira seguir investigando e aprendendo.


Unha xornada para mirar a diversidade con naturalidade e respecto.














VISITA DO APALPADOR!

Dende as montañas do Courel  chegou o Apalpador á biblioteca do cole , onde pasaron os nenos e nenas de Infantil e Primaria para coñecelo ...